Fátima Peón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fátima Peón Torres»)
Fátima Peón
Nome completoFátima Peón Torres
Nacemento7 de xuño de 1985
Lugar de nacementoLourizán
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora, director teatral, música e política
Na rede
Dialnet: 2399706
editar datos en Wikidata ]

Fátima Peón Torres, nada en Lourizán (Pontevedra) o 7 de xuño de 1985, é unha escritora, compositora e directora de teatro galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Pontevedra. Desde os 17 anos vive entre Pedre e Madrid. Alí iniciou estudos de xornalismo na Universidade Complutense. É licenciada en Arte Dramática na especialidade de Dirección de Escena e Dramaturxia pola Real Escola de Arte Dramática de Madrid e MBA pola Universidade Antonio de Nebrija.

De nova gañou o certame Ben Veñas, Maio nas modalidades de relato e poesía, amais do Premio Manolo Lado, dous Premios Minerva e o XV Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís. Colaborou na prensa no Faro de Vigo e na radio en Cadena SER. Dirixiu a compañía de teatro Yo/lapeordetodas. Dirixiu as curtametraxes Age of Blindness, Orquestra (2009) e Síndrome Rosalía (2011, premio Curtas para Rosalía). Dende 2018 lidera a banda de música electrónica Chlorine Dreams.[1]

Nas eleccións municipais de 2011 concorreu como candidata independente e cabeza de lista do BNG polo concello de Cerdedo.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Como directora de teatro[editar | editar a fonte]

Con Chlorine Dreams[editar | editar a fonte]

  • Polar Star, single (2018)
  • Terraforming, single (2019)
  • In the Air Tonight, single (2019)
  • A Fucking Stupid Love Song, single (2020)
  • Get Ready, single (2020)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Profile". Chlorine Dreams en Twitter (X). Consultado o 2023-12-12. 
  2. "El BNG presenta una candidatura para "recuperar el tiempo perdido" en Cerdedo", artigo en Faro de Vigo, 21 de abril de 2011.
  3. "Proyecto Bruckner o De ratas y artistas". www.contextoteatral.es. Consultado o 2023-12-12. 
  4. "Proyecto Bruckner". BUSCAUTORES (en castelán). Consultado o 2023-12-12.