Fátima Peón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fátima Peón
Nome completoFátima Peón Torres
Nacemento7 de xuño de 1985
 Lourizán
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Fátima Peón Torres, nada en Lourizán o 7 de xuño de 1985, é unha escritora e directora de teatro galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Pontevedra. Desde os 17 anos vive entre Pedre e Madrid. Alí iniciou estudos de xornalismo na Universidad Complutense. É licenciada en Arte Dramática na especialidade de Dirección de Escena e Dramaturxia. Actualmente Dirixe a compañía Yo/lapeordetodas.

De nova gañou o certame Ben Veñas, Maio nas modalidades de relato e poesía, amais do Premio Manolo Lado e dous Premios Minerva. Colaborou na prensa no Faro de Vigo e na radio en Cadena SER. Dirixiu as curtametraxes Age of Blindness, Orquestra (2009) e Síndrome Rosalía (2011, premio Curtas para Rosalía).

Nas eleccións municipais de 2011 concorreu como cabeza de lista do BNG polo concello de Cerdedo[1].

Obra[editar | editar a fonte]

  • Sempre nos quedará París (teatro, 2002)
  • Trinta de Novembro (narración, 2002)
  • Camposanto (novela, 2003). XV Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís.
  • Salmo por la escuela número 1 (teatro, 2007).

Como directora[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]