Extremadura Unida (EU) é un partido rexionalista estremeño de centro dereita. Fundado en 1980 por Pedro Cañada Castillo foi o primeiro partido rexionalista de Estremadura. Pedro Cañada Castillo foi tamén fundador de Acción Regional Extremeña, un dos partidos que se integrou en Unión de Centro Democrático ao inicio da Transición e que foi, até 1979, senador pola UCD.[1] Obtivo representación na Asemblea de Estremadura nas eleccións de 1983 e 1987. En 1989 formou parte da candidatura presentada pola Federación de Partidos Rexionais nas eleccións ao Parlamento Europeo, sen conseguir a coalición representación. No 2005 propuxo a celebración dun referendo en toda España para que o pobo español se definise sobre o Plan Ibarretxe. No ano 2006 asinou un acordo para presentar listas conxuntas co Partido Popular nas eleccións municipais e autonómicas de 2007.EU obtivo un deputado autonómico, Juan Pedro Domínguez, nas listas da coalición co PP.
Presentouse en solitario ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, obtendo 5.007 votos (0,03% dos votos). En Estremadura obtivo 1.720 votos (0,38% do total da comunidade).[2]
O logotipo de Extremadura Unida é a silueta da rexión estremeña, con fondo da bandeira de Estremadura e sobre a franxa branca o nome do partido. Pódense atopar dentro do partido actitudes favorables cara ao estremeño, publicando en 2004 unha tradución de Pedro Cañada da Constitución Española chamada La Cohtitución Ehpañola en Ehtremeñu.