Eleccións á Asemblea de Estremadura de 1983

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As primeiras eleccións á Asemblea de Estremadura tiveron lugar o 8 de maio de 1983, coincidindo coas eleccións aos parlamentos de todas as comunidades autónomas salvo Andalucía, Cataluña, Galicia e País Vasco. Presentáronse sete candidaturas en total: PSOE, a coalición AP-PDP-UL, CDS (só por Cáceres), PCE, Extremadura Unida, Bloque Popular de Extremadura (só por Cáceres) e a coalición entre PCEU e PCOE (só por Badaxoz). Esta primeira Asemblea tería que elixir o primeiro presidente da Xunta de Estremadura. A presidencia da Xunta preautonómica era ostentada polo socialista Juan Carlos Rodríguez Ibarra.

Cun censo de 786.200 electores, os votantes foron 565.244 (71,9%) e 220.956 as abstencións (28,1%).

Resultados[editar | editar a fonte]

O PSOE obtivo maioría absoluta, e conseguiu o nomeamento do seu candidato, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, como presidente da Xunta. Ademais do PSOE, só a coalición AP-PDP-UL, Extremadura Unida e o PCE obtiveron representación. Contabilizáronse 2.622 (0,5%) votos en branco.

Resultados[editar | editar a fonte]

Eleccións á Asemblea de Estremadura de 1983

Presidente e goberno Partido Candidato Votos % Escanos +/-
  • Presidente: Juan Carlos Rodríguez Ibarra
  • Goberno: PSOE
  • Censo: 786.200
    • Votantes: 565.244 (71,9%)
    • Abstención: 220.956 (28,1%)
      • Válidos: 560.091
        • A candidatura: 557.469 (99,5%)
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) Juan Carlos Rodríguez Ibarra 296.939 53,27 35
AP-PDP-UL Adolfo Díaz-Ambrona 168.606 30,24 20
Extremadura Unida (EU) Pedro Cañada 47.504 8,52 6
Partido Comunista de España (PCE) Manuel Pareja 36.294 6,51 4
Centro Democrático y Social (CDS) 4.414 0,79 0
Bloque Popular de Extremadura (BPEX) 2.249 0,40 0
Partido Comunista Obrero Español-Partido Comunista de España Unificado (PCOE-PCEU) 569 0,06 0
En branco N/A 2.622 0,5 N/A N/A
Nulos N/A N/A N/A

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]