Asemblea de Estremadura
A Asemblea de Estremadura (en castelán Asamblea de Extremadura) é a institución de autogoberno da Comunidade Autónoma de Estremadura, que representa o pobo estremeño a través de deputados (a día de hoxe 65, 36 pola provincia de Badaxoz e 29 pola de Cáceres) elixidos mediante sufraxio universal e directo polos cidadáns.
A competencia de convocar eleccións á Asemblea de Estremadura recae sobre o presidente da Xunta. A constitución formal da Asemblea realizouse na sesión solemne do 21 de maio de 1983 na casa de cultura emeritense onde por primeira vez sesenta e cinco deputados escolleitos democraticamente polo pobo estremeño tomaron posesión dos seus escanos.
Ten a súa sede no antigo Hospital de San Juan de Dios, en Mérida, a capital de Estremadura. O seu actual presidente é Fernando Jesús Manzano Pedrera.
Funcións
[editar | editar a fonte]Segundo o artigo 19 do Estatuto de Autonomía de Estremadura, as funcións da cámara son as seguientes:
- Aprobar os orzamentos.
- Controlar a acción executiva da Xunta de Estremadura.
- Controlar os medios de comunicación dependentes da comunidade.
- Designar os senadores que representan á comunidade na Cámara do Senado das Cortes Xerais.
- Exercer a potestade lexislativa de Estremadura.
- Elaborar o seu Regramento interno.
- Elixir o presidente da Xunta de Estremadura.
Sede
[editar | editar a fonte]O Hospital de San Juan de Dios, anteriormente chamado Hospital de Santa María, foi utilizado nos seus principios como "hospital de pobres". Bernabé Moreno de Vargas, historiador e edil emeritense, a mediados do século XVII, solicitoulle aos Irmáns de San Juan de Dios que se instalaran nel co fin de lograr un mellor coidado e dedicación para os enfermos e pobres que chegaban á cidade. Durante o século XVIII e até 1769, o edificio modificouse ampliándose grazas ás doazóns dos cidadáns e coa construción dunha capela.
Durante os primeiros anos do século XIX, a invasión das tropas napoleónicas trouxo como consecuencia para o edificio o saqueo e incendio do mesmo até ficar case destruído. Non foi até principios do século XX cando o Concello de Mérida lle solicitou ao Ministerio de Fomento unha partida orzamentaria específica que permitiu o acondicionamento do edificio e a dotación de médicos ao hospital, que continuou coa súa actividade sanitaria até o ano 1981, cando se procedeu á apertura do actual centro hospitalario.
No ano 1983, Estremadura naceu como autonomía e con ela a necesidade de encontrar localización para albergar os novos organismos estremeños. Foi entón cando se decidiu que a localización da sede lexislativa da rexión sería o Hospital de San Xoán de Deus coas correspondentes remodelacións pero respectando en todo momento a súa arquitectura.
Composición da Asemblea
[editar | editar a fonte]O Parlamento de Estremadura está conformado por diversos órganos. Por un lado están as persoas que compoñen a Mesa da Asemblea: o presidente, os vicepresidentes e os secretarios; e por outro os deputados dos diferentes partidos políticos, que se organizan en grupos parlamentarios e que posúe cada un deles un portavoz. Así mesmo existen comisións de moi diferente índole co fin de tratar asuntos concretos.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Desde as eleccións do 22 de maio de 2011, a Asemblea está composta polos seguintes Grupos Parlamentarios:
- Grupo Parlamentario Popular: 32 deputados.
- Grupo Parlamentario Socialista: 30 deputados.
- Agrupación de Diputados IU-Verdes-SIEX: 3 deputados.
Lista de Presidentes da Asemblea
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Lista de Presidentes da Asemblea de Estremadura | |||
---|---|---|---|
Período | Presidente | Lexislatura | |
Nome | Partido | ||
1983 | Pablo Castellano | PSOE | I Lexislatura |
1983-1987 | Antonio Vázquez López | PSOE | I Lexislatura |
1987-1991 | Antonio Vázquez López | PSOE | II Lexislatura |
1991-1995 | Antonio Vázquez López | PSOE | III Lexislatura |
1995-1997 | María Teresa Rejas Rodríguez | IU | IV Lexislatura |
1997-1999 | Manuel Veiga López | PSOE | IV Lexislatura |
1999-2003 | Manuel Veiga López | PSOE | V Lexislatura |
2003-2007 | Federico Suárez Hurtado | PSOE | VI Lexislatura |
2007-2011 | Juan Ramón Ferreira Díaz | PSOE | VII Lexislatura |
2011- | Fernando Jesús Manzano Pedrera | PP | VIII Lexislatura |
Fonte: Asemblea de Estremadura |