Eleccións á Asemblea de Estremadura de 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións á Asemblea de Estremadura de 2007Eleccións á Asemblea de Estremadura de 2007
Data27 de maio de 2007 Editar o valor em Wikidata
Tipoeleccións á Asemblea de Estremadura Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidodeputado da Asemblea de Estremadura Editar o valor em Wikidata
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
Guillermo Fernández VaraElixido/a
0
 
 ← 2003 Editar o valor em WikidataEstremadura Editar o valor em Wikidata 2011 Editar o valor em Wikidata  → 

As eleccións á Asemblea de Estremadura de 2007 tiveron lugar o 27 de maio de dito ano, coincidindo coas eleccións aos parlamentos de todas as comunidades autónomas salvo Andalucía, Cataluña, Galicia e País Vasco e coas municipais en toda España.[1]

Precampaña electoral[editar | editar a fonte]

Juan Carlos Rodríguez Ibarra, presidente da Xunta de Estremadura desde 1982, anunciou o 19 de setembro de 2006 que non se volvería a presentar ás eleccións de 2007 debido a problemas de saúde.[2] O novo candidato do PSOE, Guillermo Fernández Vara, que era conselleiro de Sanidade e Consumo, foi presentado como novo candidato o día seguinte do comunicado de Ibarra.

O asunto máis importante da campaña foi a polémica creada arredor da construción dunha refinaría en Los Santos de Maimona (provincia de Badaxoz), promovida polo grupo industrial de Alfonso Gallardo, a Refinería Balboa, que é apoiada polo PSOE e pola Xunta de Estremadura (a través da Sociedade de Fomento Industrial de Estremadura). A oposición, PP e IU, oponse, alegando o impacto negativo que isto suporía para o medio ambiente.

Candidaturas[editar | editar a fonte]

Presentáronse a estas eleccións once candidaturas. Cinco delas fixérono en ambas provincias: PSOE-Regionalistas, Partido Popular-Extremadura Unida (PP-EU), Izquierda Unida-Socialistas Independientes de Extremadura (IU-SIEX), Independientes por Extremadura (IPEX) e Los Verdes de Extremadura (LV). Tres máis fixérono só por Badaxoz: Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), Centro Democrático y Social (CDS) e Partido Humanista (PH). E outras tres só por Cáceres: Unión del Pueblo Extremeño (UPEX), Iniciativa Habitable (I.H.) e Ciudadanos en Blanco (CenB)

Partido Socialista Obrero Español-Regionalistas[editar | editar a fonte]

O Partido Socialista Obrero Español (PSOE) esperaba revalidar a maioría absoluta da que dispoñía na comunidade, a pesar de non presentar como candidato á presidencia a Juan Carlos Rodríguez Ibarra, que anunciara a súa retirada. O candidato foi o entón conselleiro de Sanidade e Consumo, Guillermo Fernández Vara, considerado máis próximo á dirección federal que o propio Ibarra.

O PSOE decidiu manter a súa coalición con Coalición Extremeña, en vigor desde 2003 e presentarse co nome PSOE-Regionalistas, en lugar do PSOE-Progresistas da anterior convocatoria electoral autonómica.[3]

Partido Popular-Extremadura Unida[editar | editar a fonte]

O Partido Popular (PP), principal partido da oposición, presentouse en coalición cos rexionalistas de Extremadura Unida (EU), tras ter alcanzado un pacto en maio de 2006 para presentarse conxuntamente.[4]

O seu programa opoñíase ao proxecto da Refinería Balboa, que consideran unha actividade económica obsoleta, aínda que a principios do ano 2008 o seu candidato á presidencia, José Antonio Monago, declaraba o seu apoio á instalación da refinaría. O seu candidato á presidencia era o líder do partido en Estremadura Carlos Floriano.

Izquierda Unida - Socialistas Independientes de Extremadura[editar | editar a fonte]

A coalición progresista formada por Izquierda Unida-Compromiso por Extremadura (IU-CE) e Socialistas Independientes de Extremadura (SIEX) e que con tres deputados, era a terceira forza política en Estremadura, volveuse a presentar co obxectivo de influír no seguinte goberno autonómico.[5] Opoñíase á construción da Refinería Balboa por motivos medioambientais. O seu candidato á presidencia era Victor Casco.

Enquisas[editar | editar a fonte]

As enquisas realizadas durante a campaña prevían unha cómoda vitoria do PSOE, se ben á baixa e sen ter clara a revalidación da maioría absoluta, fixada en 33 escanos. Os resultados das enquisas de Opiniometro (encargada por El Periódico de Extremadura) e do Instituto Opina (encargada polo PSOE) foron os seguintes:

Candidatura Resultados das
eleccións de 2003
Opiniometro Instituto Opina
  Partido Socialista Obrero Español 36 escanos 32 - 33 escanos 35 escanos
  Partido Popular 26 escanos 29 - 30 escanos 29 escanos
  Izquierda Unida - Socialistas Independientes de Extremadura 3 escanos 3 escanos 1 escano

Resultados[editar | editar a fonte]

Cun censo de 893.547 electores, os votantes foron 669.752 (75,0%) e 223.795 as abstencións (25,0%). O PSOE gañou por maioría absoluta, e conseguiu o nomeamento do seu candidato, Guillermo Fernández Vara, como presidente da Xunta. Izquierda Unida desapareceu da Asemblea e foi a primeira vez na existencia do parlamento autonómico na que só existiron dous grupos parlamentarios.

Á parte, contabilizáronse 7.926 (1,2%) votos en branco.

Eleccións á Asemblea de Estremadura de 2007

Presidente e goberno Partido Candidato Votos % Escanos +/-
  • Presidente: Guillermo Fernández Vara
  • Goberno: PSOE
  • Censo: 893.547
    • Votantes: 669.752 (75,0%)
    • Abstención: 223.795 (25,0%)
      • Válidos: 664.854
        • A candidatura: 656.928 (98,8%)
PSOE-Regionalistas (PSOE-REGIONALISTAS)a Guillermo Fernández Vara 352.342 53,63 38b +2
Partido Popular-Extremadura Unida (PP-EU) Carlos Floriano 257.392 39,18 27c +1
Izquierda Unida-Socialistas Independientes de Extremadura (IU-SIEX) Víctor Casco 30.028 4,57 0 -3
Independientes por Extremadura (IPEX) Justo Antonio Sánchez[6] 8.389 1,28 0
Los Verdes de Extremadura (LV) Mª Josefa Martínez Perpiñán[7] 4.082 0,62 0
Unión del Pueblo Extremeño (UPEX) 1.520 0,23 0
Iniciativa Habitable (IH) 958 0,15 0
Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) 903 0,14 0
Ciudadanos en Blanco (CenB) 499 0,08 0
Centro Democrático y Social (CDS) 445 0,07 0
Partido Humanista (PH) 370 0,06 0
En branco N/A 7.926 1,2 N/A N/A
Nulos N/A N/A N/A

aEn coalición con Coalición Extremeña.
b3 dos 38 pertencen a Coalición Extremeña.
c2 dos 27 pertencen a Extremadura Unida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Comunidad Autónoma de Extremadura (BOE n. 80 de 3/4/2007)". Arquivado dende o orixinal o 23/02/2008. Consultado o 04/09/2018. 
  2. Noticia no diario El Mundo: Rodríguez Ibarra renuncia a ser el candidato socialista en Extremadura en 2007
  3. Asemblea de Estremadura. Xunta electoral de Estremadura: Coaliciones electorales (Sesión de 12 de abril de 2007): JEE3/1.- Acreditar la existencia para concurrir a las elecciones a la Asamblea de Extremadura, convocadas para el 27 de mayo de 2007, a la Coalición electoral PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL-REGIONALISTAS, bajo las siglas PSOE-REGIONALISTAS, integrada por el PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL y la COALICIÓN EXTREMEÑA PREX-CREX (Partido Regionalista Extremeño-Convergencia Regional Extremeña) representada por D. Ramón Ropero Mancera y D. Estanislao Martín Martín, con el símbolo y normas que la regirán y que vienen expresados en escrito de 9 de abril de 2007, nº de R.E. 667.
  4. Asemblea de Estremadura. Xunta electoral de Estremadura: Coaliciones electorales (Sesión de 12 de abril de 2007): JEE3/2.- Acreditar la existencia para concurrir a las elecciones a la Asamblea de Extremadura, convocadas para el 27 de mayo de 2007, a la Coalición electoral PARTIDO POPULAR-EXTREMADURA UNIDA, bajo las siglas PP-EU, integrada por los partidos políticos PARTIDO POPULAR y partido EXTREMADURA UNIDA, representada por D. Teodoro Fuentes Goicoechea, con el símbolo y normas que la regirán y que vienen expresados en escrito de 10 de abril de 2007, nº de R.E. 678.
  5. Asemblea de Estremadura. Xunta electoral de Estremadura: Coaliciones electorales (Sesión de 12 de abril de 2007): JEE3/3.- Acreditar la existencia para concurrir a las elecciones a la Asamblea de Extremadura, convocadas para el 27 de mayo de 2007, a la Coalición electoral IZQUIERDA UNIDA-SIEX bajo las siglas IU-SIEX, integrada por la coalición IZQUIERDA UNIDA-COMPROMISO POR EXTREMADURA y el partido SOCIALISTAS INDEPENDIENTES DE EXTREMADURA, representada por D. Andrés Talavero Blanco, con el símbolo y normas que la regirán y que vienen expresados en escrito de 11 de abril de 2007, R.E. 693, y 12 de abril de 2007, R.E. nº 713.
  6. Justo Antonio Sánchez: "Hay que gobernar para todos, no solo para los de una ideología", El Periódico de Extremadura, 22 de maio de 2007
  7. "Los Verdes concurrirán a las próximas elecciones autonómicas y municipales". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2007. Consultado o 19 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]