Pedro Cañada Castillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Cañada Castillo
Nome orixinal(es) Pedro Cañada Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1936 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Calzadilla, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Senador de España
Deputado da Asemblea de Estremadura

Circunscrición electoral: Cáceres (en) Traducir
Alcalde de Calzadilla
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoExtremadura Unida Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pedro Cañada Castillo, nado en Calzadilla, Cáceres o 22 de febreiro de 1936, é un político e profesor universitario estremeño. Actualmente é o secretario xeral do partido Extremadura Unida.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pedro Cañada Castillo foi un dos fundadores, ao inicio da Transición, do partido Acción Regional Extremeña, que pouco despois se integraría na coalición, logo partido político, Unión de Centro Democrático. Elixido senador por Cáceres pola UCD en 1977 e 1979,[1] deixou o partido, pasando do Grupo Centrista ao Mixto o 17 de novembro de 1979, para fundar Extremadura Unida.

Foi alcalde do seu concello natal, Calzadilla. Tamén foi Conselleiro de Educación na xunta pre-autonómica de Estremadura.

A súa carreira académica realizouna como profesor de Filosofía na Universidade Complutense de Madrid. Tamén foi director do Gabinete de Estudos e Actividades Culturais da Universidade Autónoma de Madrid. É Doutor en Filosofía pola Universidade de Friburgo (Suíza) na especialidade de ética social. Publicou en 1968 a súa tese doutoral titulada "Derecho al Error".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2008. Consultado o 19 de febreiro de 2012.