Saltar ao contido

Locución latina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Extra muros»)
O erro é humano.

Unha locución latina é unha expresión latina utilizada en galego cun significado próximo ao orixinal. O latín foi a lingua da cultura e da ciencia até o século XVIII o que mantivo vivas moitas expresións na linguaxe legal, filosófica, técnica, relixiosa, médica e científica.

Latinismos

[editar | editar a fonte]

Chámase latinismo a unha palabra que apenas mudou na súa forma desde a súa orixe en latín. Así utilízanse en galego palabras como álbum, currículum, campus etc.

Locucións latinas

[editar | editar a fonte]

Cando se conservan en forma de expresións, fálase de locucións. Unha locución é un grupo de palabras que se utilizan habitualmente xuntas. Na súa orixe, utilizábanse separadas mais conservámolas só como expresións.

  • Ab aeterno é unha expresión latina utilizada en Teoloxía que significa desde sempre.
  • Ad libitum (ao gusto) utilízase en Música para sinalar que a obra permite a interpretación con ou sen instrumento.
  • Ad kalendas graecas significa literalmente até as quendas gregas.
  • Alea iacta est significa Os dados están lanzados interpretada como ‘A sorte está botada’.
  • Bona fide significa literalmente de boa fe, con boa intención.
  • Calamo currente significa sen reflexión previa, de súpeto.
  • Carpe diem significa atrapa o día e tense utilizado en Filosofía para expresar o desexo de vivir ao día, ao máximo.
  • Conditio sine qua non significa literalmente condición sen a cal non.
  • Contra proferentem úsase en dereito para protexer contra cláusulas abusivas en contratos.
  • De incognito significa "descoñecido". Emprégase para dicir que unha persoa constituída en dignidade quere pasar como descoñecida, e que non se lle trate coas cerimonias e etiqueta que lle corresponden.[1]
  • Deo volente, literalmente queréndoo Deus, é dicir, se Deus quere.
  • Ex facto oritur ius, ou sexa, o dereito xorde do feito. Úsase en dereito para indicar que as obrigas e dereitos xurídicos xorden dos feitos.
  • Ex professo, a propósito, para esa fin explícita.
  • Extra muros significa literalmente "fóra das murallas". Fóra do recinto dunha cidade, vila ou lugar.[2]
  • Facta, non verba significa literalmente "Feitos, non palabras". Para indicar que unha situación esixe acción, ou que xa non se ten ganas de palabrerías.[3]
  • In articulo mortis significa "en situación de morte". Para indicar que algo se fai baixo esa ameaza ou circunstancia.
  • Mutatis mutandis, grosso modo, sen considerar os cambios ou diferenzas.
  • O tempora, o mores! significa, literalmente, Oh tempos!, oh costumes!, no sentido de como, ao parecer de cadaquén, calquera tempo pasado foi mellor, ou ben se fai mención ao rápido cambio de costumes e usos co paso do tempo.
  • Pro indiviso significa literalmente "sen dividir". Dise das cousas, obxectos ou cantidades de diñeiro que non se poden dividir entre os propietarios.[4]
  1. Usos na prensa Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine..
  2. Usos na prensa Arquivado 09 de novembro de 2013 en Wayback Machine..
  3. "Usos na prensa.". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 08 de novembro de 2012. 
  4. "Usos na prensa.". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2014. Consultado o 08 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Camacho Becerra, H., Comparán Rizo, J. J. e Castillo, F. (1998). Manual de etimologías grecolatinas. México: Limusa (en castelán).
  • Gernaert Willmar, L. R. R. (2000). Diccionario de Aforismos y Locuciones Latinas de Uso Forense. Buenos Aires: Lexis Nexis (en castelán).
  • Moisés, M. (1997). Dicionário de termos literários. São Paulo: Cultrix.
  • Soberanes Fernández, J. L., Islas Colín, A. e Lézé, F. (2008). Locuciones latinas jurídicas. Madrid: Porrúa (en castelán).

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]