Ex facto oritur ius
Aparencia
Ex facto oritur ius é un aforismo latino, cuxa tradución en galego sería "do feito nace o dereito", que vén significar que, para o mundo do dereito, as obrigacións e os dereitos subxectivos xorden cando se produce un determinado feito, ao que o ordenamento xurídico considera relevante e adecuado. Tal feito pasa así a denominarse feito xurídico, en contraposición aos feitos aos que o ordenamento non atribúe relevancia xurídica.
Cabe destacar que o feito xurídico recoñecido polo ordenamento non é necesariamente unha conduta humana voluntaria, senón que o feito xerador poderá provir da natureza, sendo unha situación totalmente allea á vontade de calquera home.