Calamo currente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Calamo currente (en latín "ao correr da pluma") é unha locución latina que significa "sen reflexión previa", "con presteza", "de súpeto". Tamén pode atoparse coa forma currenti calamo. Polo común úsase referido a escritos feitos de xeito rápido e sen moita reflexión.

Gramática[editar | editar a fonte]

Formalmente é unha construción de participio absoluto formado polo substantivo calamus-i ("pluma") e o participio de presente do verbo curro ("correr"), concertando ámbolos dous en ablativo singular.