Contra proferentem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O principio de interpretación contra proferentem, tamén denominado interpretatio contra stipulatorem, estabelece que cando non é posíbel facer unha interpretación literal dun contrato por causa de cláusulas ambiguas ou contraditorias, a interpretación non deberá beneficiar á parte que ocasionou a escuridade.

Este principio existe tanto no Common Law como no Dereito español, onde está recollido no artigo 1.288 do Código Civil de España e no artigo 6.2 da Lei de Condicións Xerais da Contratación de España.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2009. Consultado o 02 de agosto de 2009.