Expresión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O termo expresión, do latín expressĭo, -ōnis (etimoloxicamente, movemento do interior cara ao exterior, é dicir, unha presión cara a fóra), é a demostración de ideas ou sentimentos.

A expresión pode quedar como un acto íntimo do que se expresa, ou transformarse nunha mensaxe que un emisor transmite a un receptor, co que se converte en comunicación.

Segundo a forma de linguaxe utilizada para a expresión, diferéncianse varios tipos ou formas de expresión:

  • a expresión corporal é o comportamento exterior espontáneo ou intencional, que traduce emocións ou sentimentos mediante a linguaxe corporal (que tamén forma parte de disciplinas artísticas como o mimo, a danza e o propio teatro),

O termo expresión adquire significados moi precisos en distintas disciplinas: