Georgios Chalavazis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Georgios Chalavazis
Bispo da Igrexa católica bizantina grega
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1881 en Siros
Pasamento7 de novembro de 1957 en Zúric
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de xuño de 1906
Consagración episcopal15 de agosto de 1920, por Isaias Papadopoulos
Exarca apostólico de Grecia
1932 - 1957
SucesorYakinthos Gad
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Georgios Chalavazis[1] (en grego: Γεώργιος Χαλαβαζής), nado en Siros o 2 de febreiro de 1881 e finado en Zúric o 7 de novembro de 1957, foi un eclesiástico greco-católico, exarca de Constantinopla e de Grecia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na illa de Siros o 2 de febreiro de 1881.[2] Estudou no Pontificio Colexio Grego, e o 29 de xuño de 1906 foi ordenado sacerdote.[2] Comezou o seu ministerio en Constantinopla e en Malkara, e posteriormente en Europa occidental e nos Estados Unidos de América.[2]

O 13 de xullo de 1920 foi nomeado exarca apostólico de Constantinopla e bispo titular de Theodoropolis, con xurisdición sobre os católicos gregos de rito bizantino en Grecia e Turquía.[2][3] Recibiu a consagración episcopal o 15 de agosto de mans de Isaias Papadopoulos, e tivo como co-consagrantes a Giuseppe Schirò e a Augustin Sayeghian. O seu pontificado estivo marcado polo masivo éxodo dos gregos de Turquía polo xenocidio grego e a guerra, e definitivamente polo intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía a partir de 1921. Chalavazis moveu a maior parte dos seus fieis a Atenas, incluíndo institucións educativas e ordes relixiosas.[2][3]

O 11 de xuño de 1932 foi nomeado definitivamente exarca apostólico de Grecia, e foi sucedido en Constantinopla por Dionysios Varouchas.[3][4] Realizou unha importante labor social, especialmente a prol de cativos e refuxiados.[2]

Finou no cargo o 7 de novembro de 1957, en Zúric.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén Calavassy, Calavassys, Kalavassy, Kalavassys.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Obituary: Bishop George Kalavassy". The Eastern Churches Quarterly. 12-13: 157. 1969. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Attwater, Donald (1937). The Catholic Eastern Churches. Bruce. p. 118. 
  4. Annuario pontificio per l'anno 1957. p. 784. S. E. R. Mons. Dionisio Leonida Varouhas [...] nom. 11 giu. 1932.