José Luis Álvarez Enparantza
(2008) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) José Luis Álvarez Emparanza 27 de setembro de 1929 Donostia |
| Morte | 14 de xaneiro de 2012 |
| Educación | Universidade do País Vasco Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Bilbao |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Donostia |
| Ocupación | lingüista, sociolingüista, político, escritor, profesor universitario |
| Empregador | Universidade do País Vasco Universidade de Deusto Universidade Bordeus-Montaigne |
| Partido político | Euskal Sozialista Biltzarrea Herri Batasuna Aralar |
| Membro de | |
| Influencias | |
| Pseudónimo literario | El Liberador |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Jone Forcada |
| Fillos | Mikel Alvarez Forcada, Maddi Alvarez, Jon Alvarez Forcada, Joseba Álvarez Forcada |
| Premios | |
| |
José Luis Álvarez Enparantza,[1] máis coñecido polo pseudónimo Txillardegi, nado en Donostia (Guipúscoa) o 27 de setembro de 1929 e finado na mesma cidade o 14 de xaneiro de 2012, foi un político vasco, así como lingüista e escritor en éuscaro. Aínda que non aprendeu a lingua éuscara até os 17 anos, despois pasou a ser considerado unha das figuras máis influentes do nacionalismo vasco e da cultura na segunda metade do século XX.[2] Foi un dos fundadores de ETA, mais en 1967 marchou porque non estaba de acordo coa súa liña política.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro do PNV, defendeu unha concepción do vasco baseada na lingua e non nos apelidos, impulsando a defensa e o estudo do éuscaro, que no PNV pouca xente sabía falar correctamente e que se consideraba secundario fronte a unha concepción racial da identidade vasca ata aquel momento.
Txillardegi foi un dos fundadores de ETA en 1959 e testa visible da facción máis culturalista da organización. Nos primeiros anos da democracia foi senador do partido Herri Batasuna.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ruiza, M.; Fernández, T.; Tamaro, E. (25 de maio de 2021). "Txillardegi". Biografías y Vidas.
- ↑ Noticias EFE. "Muere "Txillardegi", el escritor que fundó ETA y dio nombre a la organización.". Diariovasco.com. Consultado o 2012-01-14.
- ↑ Estornes Lasa, Bernardo. "Álvarez Emparanza, José Luis - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en castelán). Eusko Ikaskuntza. Consultado o 28 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aizpuru, Alaitz 2012: "Existentzialismoaren hastapenak Euskal Herrian: Leturiaren egunkari ezkutua" in Alaitz Aizpuru(koord.), Euskal Herriko pentsamenduaren gida, Bilbao, UEU. ISBN 978-84-8438-435-9
- Azurmendi, Joxe 1999: Txillardegiren saioa: hastapenen bila, Jakin, 114: 17-45.
- Azurmendi, Joxe 2000: "Kierkeggard-en <<egunkari ezkutua>>" in Txipi Ormaetxea (arg.), Txillardegi lagun giroan, Bilbao: UEU ISBN 84-8438-007-6
- Hegats. Literatur aldizkaria. 49. ISSN 1130-2445
- Olaziregi, Mari Jose 2012. Basque Literary History, Reno, Center for Basque Studies/University of Nevada ISBN 978-1-935709-19-0
- Sudupe, Pako 2011: 50eko hamarkadako euskal literatura I: hizkuntza eta ideologia, Donostia, Utriusque Vasconiae. ISBN 978-84-938329-4-0
- Sudupe, Pako 2011: 50eko hamarkadako euskal literatura II: kazetaritza eta siakera, Donostia, Utriusque Vasconiae. ISBN 978-84-938329-5-7
- Sudupe, Pako 2012: "Ideologia eztabaidak 50eko hamarkadan" in Alaitz Aizpuru (koord.), Euskal Herriko pentsamenduaren gida, Bilbao, UEU. ISBN 978-84-8438-435-9
- Sudupe, Pako 2016: Txillardegiren borroka abertzalea, Donostia: Elkar ISBN 978-84-9027-544-3
- Sudupe, Pako 2025: "Orixe, Gandiaga, R. Arregi eta Txillardegi" in XX. mendeko euskal pentsamendua Joxe Azurmendiren talaiatik, Leioa, EHU. ISBN 978-84-9860-927-1
- Torrealdai, Joan Mari 2014: Batasunaren bidea urratzen. Txillardegiren eragintza praktikoa, Jakin, 204:11-96.
- Zapiain, Markos 2000: "Txillardegi gazte eroaren heriotza eta egia" in Txipi Ormaetxea (arg.), Txillardegi lagun giroan, Bilbo: UEU. ISBN 84-8438-007-6
- Zapiain, Markos 2024: Txillardegi hizkuntzalari, Donostia, Elkar. ISBN 978-8413604473
