Euplagia quadripunctaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Euplagia quadripunctaria
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
(sen clasif.): Ditrysia
Familia: Erebidae
Subfamilia: Arctiinae
Tribo: Callimorphina
Xénero: 'Euplagia'
Especie: ''E. quadripunctaria''
Nome binomial
'Euplagia quadripunctaria'
(Poda, 1761)
Sinonimia
  • Phalaena quadripunctaria, Poda, 1761
  • Phalaena hera, Linnaeus, 1767
  • Callimorpha quadripunctaria, (Poda, 1761)
  • Callimorpha hera, (Linnaeus, 1767)

A Euplagia quadripunctaria'[1] é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Erebidae de cores brillantes, que se atopa en toda Europa.

Descrición[editar | editar a fonte]

Árctido coas ás anteriores de 21 a 26 mm, a parte superior con raias amarelas sobre fondo pardo escuro ou ocre. Ás posteriores de cor vermella, con dous puntos negros característicos.

Distribución[editar | editar a fonte]

Distribúese por toda Europa, oeste de Rusia, sur dos Urais, o Cáucaso, Asia Menor e Próximo Oriente até o sur de Turkmenistán. Na península ibérica atópase en todas as rexións, desde o nivel do mar até por encima dos 2.000 m de altitude, en terreos montañosos de chans calcáreos, en pedregueiras e pendentes rochosas con torrentes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reichholf-Riehm, Helgard (1985). Mariposas. Barcelona: Editorial Blume, S.A. p. 287. ISBN 8470315552.