Eugenio Vázquez Gundín
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de setembro de 1884 Santiago de Compostela, España |
| Morte | 9 de maio de 1977 A Coruña, España |
Representa: Acción Popular 7 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | avogado, político |
Eugenio Vázquez Gundín, nado en Santiago de Compostela o 27 de setembro de 1884 e finado na Coruña o 9 de maio de 1977, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi rexistrador da propiedade en Galicia, Andalucía e Cataluña e secretario da Sala de Audiencia e da Sala do Contencioso-administrativo da Coruña. De 1919 a 1926 participou na creación de sindicatos agrarios en Ortigueira e foi presidente da Federación de Sindicatos Agrícolas Católicos do Condado de Ortigueira e da Federación Católico Agraria da Coruña. Fundou e dirixiu Acción Agraria e colaborou en El Ideal Gallego e A Nosa Terra. En marzo de 1931 editou a revista xurídica Derecho y Justicia.[1] Militante de Acción Popular, foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas Eleccións xerais de 1933 nas listas da CEDA. A súa actividade parlamentaria caracterizouse por defender o que el consideraba como os intereses de Galicia, moitas veces rompendo a disciplina do partido, como o 15 de novembro de 1935 cando defendeu os intereses dos pescadores galegos. Aínda que figurou inicialmente na candidatura de dereitas ás eleccións de febreiro de 1936, finalmente non chegou a presentarse.
Obras
[editar | editar a fonte]- Estudios prácticos de la nueva Ley de Arrendamientos rústicos, Madrid, 1941.
- Arrendamientos rústicos y urbanos, 1967.
- Sospiros do corazón, 1967.
- Os meus cantares, 1968.
- Cantos e fábulas, 1970.
- Amor y humor, 1974.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Ideal Gallego, 19-3-1931, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 295.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 451. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.