Acción Agraria (Ortigueira)
Acción Agraria foi un periódico publicado en Ortigueira entre 1920 e 1926.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Órgano de los Sindicatos Católico-Agrarios y defensor del progreso moral y material de la comarca de Ortigueira, apareceu o 2 de decembro de 1920. Fundado por Eugenio Vázquez Gundín, foi o órgano dos Sindicados Católico-Agrarios da comarca de Ortigueira. Tiña periodicidade quincenal e con catro páxinas, aínda que despois foi decenal. O castelán era a lingua que se utilizaba nas súas páxinas coa excepción da sección Falando n'adro e algún poema en galego. A súa tiraxe era de 1000 exemplares. Ideoloxicamente, ao principio era maurista, pasando despois a colaborar co réxime de Miguel Primo de Rivera. O último número que se conserva é o 205, do 30 de xuño de 1926.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Martínez López, Alberto, A prensa católico-agraria en Galiza nas III Xornadas de Historia de Galicia, Ourense, 1986.
- Rosende, Anxel M. (1988). Do Castro, ed. O agrarismo na comarca do Ortegal (1893/1936). Sada. ISBN 84-7492-399-9.