Opistocontos
Opistocontos Rango fósil: Neoproterozoico - Recente | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Opistocontos. | |||||||
Clasificación científica | |||||||
|
Os opistocontos ou Opisthokonta ou "grupo Fungos/Metazoos"[1] é un amplo grupo de eucariotas, que comprende os reinos dos animais e dos fungos,[2] e un grupo de microorganismos eucariotas que se adoitan agrupar no filo parafilético Choanozoa.[3] Estudos xenéticos e ultraestruturais apoian claramente a idea de que os opistocontos son un grupo monofilético.
A característica común dos Opisthokonta é que teñen células flaxeladas, como é o caso dos espermatozoides dos animais ou as quitridioesporas dos fungos, situado na parte posterior da célula, é dicir, na parte oposta da dirección cara á que se move a célula (do mesmo modo que dicimos que a hélice está na parte posterior dos barcos). Isto dálle ao grupo o seu nome (do grego ὀπίσθιος, opísthios, "posterior" + κοντός, kontós, "pértega, poste", referíndose aquí ao flaxelo). As células flaxeladas doutros grupos de eucariotas, polo contrario, propúlsanse con flaxelos situados en posición anterior.
Historia
[editar | editar a fonte]A estreita relación entre os animais e os fungos foi suxerida por Cavalier-Smith en 1987,[4] que utilizou o nome informal opisthokonta (o nome formal fora utilizado para os Chytridiomycota), e isto foi confirmado por estudos xenéticos posteriores.[5]
As primeiras filoxenias situábanos próximos ás plantas e outros grupos que teñen mitocondrias con cristas planas, pero este carácter é variable.
Cavalier-Smith e Stechmann [6] argumentan que os eucariotas uniciliados como os opistocontos e os Amoebozoa, denominados en conxunto Unikonta, separáronse doutros eucariotas biciliados, chamados Bikonta, pouco despois de que estes xurdiran na evolución.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Unha forma de dividir os Opisthokonta é distinguir os grupos Holomycota ou Nucletmycea (fungos e todos os organismos que están máis relacionados cos fungos ca cos animais) e Holozoa (animais e todos os organismos que están máis relacionados cos animais ca cos fungos); non foron identificados opistocontos basais anteriores á separación de Holomycota e Holozoa.
Outra forma de clasificalos é a que se mostra no seguinte diagrama de clados:[7][8]
Opisthokonta |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fungi/Metazoa group". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2012. Consultado o 2009-03-08.
- ↑ Shalchian-Tabrizi K, Minge MA, Espelund M; et al. (2008). Aramayo, Rodolfo, ed. "Multigene phylogeny of choanozoa and the origin of animals". PLoS ONE 3 (5): e2098. PMC 2346548. PMID 18461162. doi:10.1371/journal.pone.0002098.
- ↑ Steenkamp ET, Wright J, Baldauf SL (2006). "The protistan origins of animals and fungi". Mol. Biol. Evol. 23 (1): 93–106. PMID 16151185. doi:10.1093/molbev/msj011.
- ↑ Cavalier-Smith, T. (1987). "The origin of fungi and pseudofungi". En Rayner, Alan D. M. (ed.). Evolutionary biology of Fungi. Cambridge: Cambridge Univ. Press. pp. 339–353. ISBN 0-521-33050-5.
- ↑ Wainright PO, Hinkle G, Sogin ML, Stickel SK (1993). "Monophyletic origins of the metazoa: an evolutionary link with fungi". Science 260 (5106): 340–2. Bibcode:1993Sci...260..340W. PMID 8469985. doi:10.1126/science.8469985.
- ↑ Stechmann, A.; Cavalier-Smith, T. (2002). "Rooting the eukaryote tree by using a derived gene fusion". Science 297 (5578): 89–91. PMID 12098695. doi:10.1126/science.1071196.
- ↑ Tedersoo, L., Sánchez-Ramírez, S., Kõljalg, U. et al. 2018, High-level classification of the Fungi and a tool for evolutionary ecological analyses Fungal Diversity 90: 135. https://doi.org/10.1007/s13225-018-0401-0
- ↑ Guifré Torruella et al. 2015, Phylogenomics Reveals Convergent Evolution of Lifestyles in Close Relatives of Animals and Fungi. Current Biology ISSN 0960-9822 Volume 25, Issue 18, p2404–2410, 21 September 2015
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Opistocontos |
- Tree of Life Eukaryotes Arquivado 29 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.