Ethel Voynich
Ethel Voynich | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Ethel Lilian Boole |
Nacemento | 11 de maio de 1864 |
Lugar de nacemento | Ballintemple |
Falecemento | 27 de xullo de 1960 e 28 de xullo de 1960 |
Lugar de falecemento | Nova York |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Etnia | Pobo irlandés |
Ocupación | escritora, novelista, activista, compositora, prosista, tradutora e sufraxista |
Pai | George Boole |
Nai | Mary Everest Boole |
Cónxuxe | Wilfrid M. Voynich |
Irmáns | Alicia Boole Stott, Lucy Everest Boole, Mary Boole Hinton e Margaret Boole Taylor |
Coñecida por | The Gadfly |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ethel Lilian Voynich, nada como Ethel Lilian Boole o 11 de maio de 1864 no condado de Cork (Irlanda) e finada o 27 de xullo de 1960 en Nova York, foi unha novelista e música que apoiou diversas causas revolucionarias. Era filla do famoso matemático George Boole e casou con Wilfrid Michael Voynich, epónimo do manuscrito Voynich.
Ethel é máis coñecida pola súa novela The Gadfly, publicada orixinalmente en xuño de 1897 nos Estados Unidos e en setembro do mesmo ano no Reino Unido, sobre as loitas do axente revolucionario Arthur Burton na Italia do Risorgimento. A obra tornouse moi popular na Unión Soviética, sendo mesmo considerada ideoloxicamente útil e de lectura compulsoria; por razóns similares, tivo inmenso éxito na República Popular da China.[1] Na época da morte de Voynich, The Gadfly vendera preto de 2.500.000 copias só na Unión Soviética.
En 1955, o realizador soviético Aleksandr Fajntsimmer adaptou a novela para un filme homónimo (Ovod, en ruso). O compositor Dmitrii Shostakovich escribiu a banda sonora. Romance, un segmento desta composición, conxuntamente con algúns outros treitos, tornouse desde entón moi popular. O tema de Gadfly de Shostakovich foi usado até mesmo pola BBC TV nos anos 1980, na miniserie Reilly: Ace of Spies.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ People's Daily Online, ed. (2005). "Chinese-interpreted The Gadfly" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- The Gadfly online Arquivado 25 de agosto de 2010 en Wayback Machine.
- Edición electrónica de The Gadfly, de acceso libre no Proxecto Gutenberg