Saltar ao contido

Estríxil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estríxiles e esponxas (1879), de Lawrence Alma-Tadema

Un estríxil[1] (do latín strigilis, en grego στλεγγίς) é unha rascadeira de metal longa e fina que na cultura grecorromana os atletas usaban para limpar o corpo manchado de area e aceite.

Foi utilizado primeiro polos etruscos despois dos seus combates e posteriormente polos romanos, como forma de lavárense nas súas termas.

Debido a que até a época imperial descoñecían o xabón (e o seu uso nunca estivo moi difundido), os romanos untaban o corpo en aceite e logo retirábano co estríxil.[2]

Na cultura grega era tradición que os atletas saísen á area cubertos por óleos. Ao final da competición retirábanos cerimoniosamente do corpo xunto co po e a sucidade. Este ritual é o que plasmou Lisipo no seu Apoxiomeno.

Con todo, algunhas fontes clásicas, como Aristóteles, indican que o estríxil tamén podía ser usado antes do baño sen previa aplicación de aceites para favorecer a transpiración e retirar as capas de pel morta. Ante o abrasivo do método, Hipócrates recomenda empregar a esponxa no seu lugar, especialmente no caso de enfermidade cutánea aguda.[3]

Sarcófagos

[editar | editar a fonte]

Chámase sarcófago con estríxiles cando está tallado con sucos paralelos en forma de S que lembran ás marcas deixadas polos mesmos. Servía con frecuencia como motivo decorativo de sarcófagos romanos e paleocristiáns.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estríxil.
  2. Cowell, Frank (1980). Life in ancient Rome (en inglés). Nova York: Putnam. p. 90. ISBN 9780399503283. 
  3. Sansone, David (1988). Greek athletics and the genesis of sport. Berkeley: University of California Press. ISBN 9780520060999. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]