Estigma social da obesidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación do estigma social da obesidade nun anuncio publicitario brasileiro de 1942.

O estigma social da obesidade ou gordofobia é unha opresión estrutural que provoca rexeitamento, prexuízos e discriminación cara ás persoas gordas. É consecuencia da mitificación dos corpos delgados, así como dos discursos que estigmatizan os corpos gordos.[1][2][3] A gordofobia presume que todas as persoas poden controlar o peso e culpa ás persoas gordas dos seus corpos.[4]

A biomedicina moderna contribúe á estigma social ao considerar os corpos cun índice de masa corporal superior a 25 como desviados ou doentes e que necesitan acción externa. A gordofobia exércese culturalmente a través de estereotipos que vinculan ás persoas gordas coa preguiza, a sucidade e o desleixo, tamén coa indesexabilidade dos corpos gordos. A discriminación social e institucional exclúe dereitos como a saúde e o traballo, e xera acoso, agresións e exclusión das relacións afectivas sexuais.[4]

Dende os anos 90 estabelecéronse escalas e modelos de enquisas para comparar e determinar estereotipos negativos e actitudes de prexuízo entre os distintos grupos obxecto de estudo.[5][6][7] A gordofobia estivo relacionada co prexuízo racial e a discriminación de xénero.[8][9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Grassofòbia". 2019-08-25. Consultado o 2019-08-25. 
  2. "Consulteca. Terminologia jurídica". Arquivado dende o orixinal o 2019-08-25. Consultado o 2019-08-25. 
  3. Esposa, Judit (14-11-2022). La Directa, ed. "Sandra Gonfaus: “Surts de la consulta amb una dieta i plorant pels comentaris inculpatoris”". 
  4. 4,0 4,1 Martínez, Mónica María (2022). Lectora: revista de dones i textualitat, ed. ""No soy musa, soy artista, y de las gordas": activismo gordo hispánico en Instagram". 
  5. Robinson, Beatrice “Bean” E.; Bacon, Lane C.; O'reilly, Julia (1993). "Fat phobia: Measuring, understanding, and changing anti-fat attitudes". International Journal of Eating Disorders (en inglés) 14: 467–480. ISSN 1098-108X. 
  6. Robinson, B. E.; Scheltema, K. E.; Bacon, J. G. (2001-02). "Fat phobia scale revisited: the short form". International Journal of Obesity (en inglés) 25: 252–257. ISSN 1476-5497. 
  7. Stein, Janine; Luppa, Melanie; Ruzanska, Ulrike; Sikorski, Claudia; König, Hans-Helmut (2014-12-04). "Measuring Negative Attitudes towards Overweight and Obesity in the German Population – Psychometric Properties and Reference Values for the German Short Version of the Fat Phobia Scale (FPS)". PLoS ONE 9. ISSN 1932-6203. PMC 4256451. PMID 25474195. doi:10.1371/journal.pone.0114641. 
  8. Strings, Sabrina (2019). Fearing the black body: the racial origins of fat phobia (en inglés). ISBN 9781479819805. 
  9. "Fatphobia is a Queer and Feminist Issue" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 2019-08-25. 
  10. Saguy, Abigail (2012-05-01). "Why Fat is a Feminist Issue". Sex Roles (en inglés) 66: 600–607. ISSN 1573-2762. doi:10.1007/s11199-011-0084-4.