Estación de Villena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 38°37′54″N 0°52′04″O / 38.6317, -0.867753

Villena
Edificio da estación en 2007.
SituaciónVillena
Servizosvenda de billetes aparcadoiro
Liñas
Longa DistanciaAlvia e Talgo
Media distanciaMD, Rexiónal e Rexional Exprés
Intermodalidade
Bus
parada de autobús urbano parada de autobús interurbano, na estación de autobuses

A estación de Villena é unha estación de ferrocarril española propiedade de Adif situada na cidade homónima na provincia de Alacant, Comunidade Valenciana. É unha estación pasante que pertence á liña Madrid-Alacant e está situada entre o límite oeste do casco urbano e o Polígono Industrial Los Rubiales, xunto ao Paseo de Ruperto Chapí. A estación ten parada de trens de Grandes Liñas e de Media distancia.

Está en estudo a extensión da rede de Proximidades Murcia/Alacant até Villena.[1][2][3]

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 396,1 da liña férrea de ancho ibérico Madrid-Alacant a 503,85 metros de altitude.[4]

Villena tamén formaba parte dunha liña férrea de ancho métrico que unía Villena con Cieza vía Alcoi e Jumilla e que deixou de operar en 1969.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación de Villena inaugurouse en 1858, ao abrirse a liña da MZA entre Alacant e Madrid.[5] Na viaxe inaugural viaxou a raíña Sabela II, que realizou unha pequena parada na cidade, para o que se habilitou o Paseo da Raíña, actual Paseo de Ruperto Chapí.[6] O edificio, igual que os de todo o tramo Almansa-Alacant, foi proxectado por Agustín Elcoro Berecíbar,[7] correspondendo a Villena un dos dous edificios de 2ª clase.[8] Este conservouse case sen modificar até a actualidade, tendo sufrido só reformas menores. Xusto enfronte instalouse en 1884 a estación do ferrocarril VAY, que funcionou até 1969.[9] En 1941, a nacionalización de ferrocarril en España supuxo a integración de MZA na recente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Vista da estación en 1858.

Na actualidade planease destinar esta estación só para o uso de proximidades,[1] mentres que os trens de longa distancia terían parada na nova estación de AVE que se está construíndo nas proximidades da Colonia de Santa Eulalia.[10][11]

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa Distancia[editar | editar a fonte]

Os trens de Longa Distancia que se deteñen na estación enlazan Alacant con Madrid, Galicia e a cornixa cantábrica. Por outra parte Murcia queda conectada con Barcelona grazas a varios trens Talgo que incluso nalgúns casos alcanzan Francia.

Media Distancia[editar | editar a fonte]

Os amplos servizos de Media distancia de Renfe teñen como principais destinos as cidades de Cidade Real, Albacete, Alacant, Valencia, Cartaxena e Murcia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Renfe unirá la Universidad de Alicante con Villena cuando se electrifiquen las vías férreas de cercanías". Las Provincias (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  2. "El tramo Alicante - Villena será usado para cercanías". TRANVÍA Portal (en español). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  3. Las Provincias (3 de outubro de 2007). "El Ayuntamiento de San Vicente pide a Renfe que prolongue el tren de cercanías hasta el Vinalopó" (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  4. Ministerio de Fomento. "Red ferroviaria española" (PDF) (en español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  5. "La construcción de la red ferroviaria alicantina: Proceso de construcción". 150 años del ferrocarril de Alicante (en español). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2009. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  6. "Los inicios del ferrocarril: Puesta en marcha e inauguraciones". 150 años del ferrocarril de Alicante (en español). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  7. "Las estaciones de Alicante: El proyecto de A. Elcoro Berecíbar". 150 años del ferrocarril de Alicante (en español). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  8. Agustín Elcoro Berecíbar (1853). "Estación de Villena (2ª clase)" (PDF). Memoria sobre las estaciones del ferro-carril de Almansa a Alicante (en español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  9. Editorial Prensa Valenciana, ed. (2009). "Compañía de los Ferrocarriles Económicos de Villena a Yecla y Alcoy". Gran Enciclopedia Temática de la Comunidad Valenciana. Economía. 
  10. R. Bernabeu (22 de maio de 2008). "El AVE tendrá parada en Villena" (html). Las Provincias.es (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  11. EP (28 de marzo de 2009). "La estación del AVE de Villena ocupará 2.500 metros cuadrados" (html) (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]