Estación de Villena
Coordenadas: 38°37′54″N 0°52′04″O / 38.6317, -0.867753
Villena | |
---|---|
Edificio da estación en 2007. | |
Situación | Villena |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia e Talgo |
Media distancia | MD, Rexiónal e Rexional Exprés |
Intermodalidade | |
Bus |
A estación de Villena é unha estación de ferrocarril española propiedade de Adif situada na cidade homónima na provincia de Alacant, Comunidade Valenciana. É unha estación pasante que pertence á liña Madrid-Alacant e está situada entre o límite oeste do casco urbano e o Polígono Industrial Los Rubiales, xunto ao Paseo de Ruperto Chapí. A estación ten parada de trens de Grandes Liñas e de Media distancia.
Está en estudo a extensión da rede de Proximidades Murcia/Alacant até Villena.[1][2][3]
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 396,1 da liña férrea de ancho ibérico Madrid-Alacant a 503,85 metros de altitude.[4]
Villena tamén formaba parte dunha liña férrea de ancho métrico que unía Villena con Cieza vía Alcoi e Jumilla e que deixou de operar en 1969.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación de Villena inaugurouse en 1858, ao abrirse a liña da MZA entre Alacant e Madrid.[5] Na viaxe inaugural viaxou a raíña Sabela II, que realizou unha pequena parada na cidade, para o que se habilitou o Paseo da Raíña, actual Paseo de Ruperto Chapí.[6] O edificio, igual que os de todo o tramo Almansa-Alacant, foi proxectado por Agustín Elcoro Berecíbar,[7] correspondendo a Villena un dos dous edificios de 2ª clase.[8] Este conservouse case sen modificar até a actualidade, tendo sufrido só reformas menores. Xusto enfronte instalouse en 1884 a estación do ferrocarril VAY, que funcionou até 1969.[9] En 1941, a nacionalización de ferrocarril en España supuxo a integración de MZA na recente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Na actualidade planease destinar esta estación só para o uso de proximidades,[1] mentres que os trens de longa distancia terían parada na nova estación de AVE que se está construíndo nas proximidades da Colonia de Santa Eulalia.[10][11]
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa Distancia
[editar | editar a fonte]Os trens de Longa Distancia que se deteñen na estación enlazan Alacant con Madrid, Galicia e a cornixa cantábrica. Por outra parte Murcia queda conectada con Barcelona grazas a varios trens Talgo que incluso nalgúns casos alcanzan Francia.
Media Distancia
[editar | editar a fonte]Os amplos servizos de Media distancia de Renfe teñen como principais destinos as cidades de Cidade Real, Albacete, Alacant, Valencia, Cartaxena e Murcia.
Tren | Orixe/Destino | Destino/Orixe | Frecuencia |
---|---|---|---|
Alvia | Madrid-Atocha | Alacant | 5 trens diarios en cada sentido. |
Alvia | Santander / Xixón | Alacant | Segundo destino.3 |
Talgo | A Coruña / Vigo | Alacant | Segundo destino.1 |
Talgo | Barcelona-Sants | Lorca | 1 tren diario en casa sentido. |
Talgo | Barcelona-Sants | Murcia del Carmen | 1 tren diario en casa sentido. |
Talgo Mare Nostrum |
Montpellier | Cartagena / Lorca | Segundo destino.2 |
1. Circula o domingo desde Alacant e o sábado desde Galicia. 2. Tren diario en ambos sentido con saída de Lorca cando se dirixe a Francia e con chegada a Cartagena cando realiza o percorrido contrario. 3. Un Alvia a Xixón e outro a Santander diario en ambos sentidos. As ramas únense/sepáranse en Palencia. |
Liña MD | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
44 | MD Rexional Rexional Exprés |
Valencia | Terminal Murcia del Carmen Cartagena Alacant | |
45 | MD | Cidade Real | Alacant | |
46 | Rexional | Albacete | Valencia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Renfe unirá la Universidad de Alicante con Villena cuando se electrifiquen las vías férreas de cercanías". Las Provincias (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ "El tramo Alicante - Villena será usado para cercanías". TRANVÍA Portal (en español). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ Las Provincias (3 de outubro de 2007). "El Ayuntamiento de San Vicente pide a Renfe que prolongue el tren de cercanías hasta el Vinalopó" (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ Ministerio de Fomento. "Red ferroviaria española" (PDF) (en español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ "La construcción de la red ferroviaria alicantina: Proceso de construcción". 150 años del ferrocarril de Alicante (en español). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2009. Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ "Los inicios del ferrocarril: Puesta en marcha e inauguraciones". 150 años del ferrocarril de Alicante (en español). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ "Las estaciones de Alicante: El proyecto de A. Elcoro Berecíbar". 150 años del ferrocarril de Alicante (en español). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ Agustín Elcoro Berecíbar (1853). "Estación de Villena (2ª clase)" (PDF). Memoria sobre las estaciones del ferro-carril de Almansa a Alicante (en español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ Editorial Prensa Valenciana, ed. (2009). "Compañía de los Ferrocarriles Económicos de Villena a Yecla y Alcoy". Gran Enciclopedia Temática de la Comunidad Valenciana. Economía.
- ↑ R. Bernabeu (22 de maio de 2008). "El AVE tendrá parada en Villena" (html). Las Provincias.es (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ EP (28 de marzo de 2009). "La estación del AVE de Villena ocupará 2.500 metros cuadrados" (html) (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Villena |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Larga Distancia na web de Renfe.
- Media Distancia Valencia na web de Renfe.