Estación de Murcia del Carmen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Murcia del Carmen
Murcia del Carmen RENFE.JPG
Vista da estación
SituaciónMurcia
ServizosElevator (Madrid Metro).svg Aparcamiento (Metro de Madrid).svg Restauración Venda de Billetes
Liñas
Longa DistanciaAltaria, Talgo
Media distanciaC-1, C-2
Intermodalidade
BSicon CLRV.svg
Bus
MadridMetro-EMT.svg

Murcia del Carmen é a estación de ferrocarril de Murcia, situada no barrio murciano do Carmen. Forma parte da rede de estacións de Adif e é o punto de cruzamento das liñas Chinchilla-Cartaxena (P.K. 459,9) e Murcia-Águilas.

Por esta estación circulan trens Talgo Barcelona-Lorca e Cartagena-Montpellier, trens Altaria entre Madrid e Cartaxena ou Madrid e Murcia, os trens da liña L-1 de Media distancia Renfe e os trens das liñas C-1 e C-2 de Proximidades Murcia/Alacant, sendo cabeceira de ambas as liñas.

Historia[editar | editar a fonte]

O 24 de outubro de 1862 a raíña Isabel II inaugurou a Estación Murcia do Carmen. A localización da estación de ferrocarril no barrio supuxo un potencial de crecemento ao convertela en punto de intercambio de mercancías. A primeira liña que chegou a esta estación unía Murcia e Madrid separándose da liña Madrid-Alacant en Chinchilla de Monte-Aragón, un ano máis tarde a liña continuouse ao leste da cidade cara a Cartaxena.

Máis tarde, en 1884 e 1885 inauguráronse as liñas Murcia-Águilas e Murcia-Alacant, separándose esta última da liña Madrid-Chinchilla-Cartaxena en Alquerías.

O conxunto arquitectónico posúe unha estrutura horizontal orixinal, á que se engadirían posteriormente unha serie de construcións en ferro, como a marquesiña actual, que data do ano 1910.

Na actualidade,[cando?] a estación enfróntase a un proceso de transformación para a chegada dunha rama da liña de alta velocidade Madrid-Levante e o arranque da liña de alta velocidade Murcia-Almería. A primeira parte desta infraestrutura abriuse o 25 de xuño de 2008. Corresponde ao tramo Murcia-Alquerías, de dobre vía sen electrificar por agora, o cal provocou o cesamento da circulación no tramo equivalente da liña Chinchilla-Cartaxena.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longo Percorrido[editar | editar a fonte]

Tren << Estacións intermedias >> Estacións intermedias Frecuencia (por sentido) observacións
Altaria Cartagena Torre Pacheco · Balsicas-Mar Menor Madrid-Chamartín Alcantarilla-Los Romanos · Archena-Fortuna · Cieza · Calasparra · Hellín · Albacete · La Roda de Albacete · Villarrobledo · Socuéllamos · Alcázar de San Juan · Madrid-Atocha Cercanías 4 trens ao día
cabeceira Madrid-Chamartín Archena-Fortuna · Albacete · Madrid-Atocha Cercanías 1 tren ao día
Talgo Lorca-Sutullena Totana · Alhama de Murcia Montpellier Saint-Roch Orihuela · Elx-Parc · Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Xàtiva · València-Nord · Castelló de la Plana · Benicàssim · Benicarló-Peñíscola · Vinaròs · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Salou · Tarragona · Barcelona-Sants · Xirona · Figueres · Portbou · Cerbère · Perpiñán · Narbona · Béziers 1 tren ao día en sentido contrario procede de Barcelona-Sants, xa que o procedente de Montpellier diríxese a Cartagena Tren directo de Lorca a Montpellier
cabeceira Barcelona-Sants Orihuela · Elx-Parc · Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Xàtiva · València-Nord · Sagunt · Castelló de la Plana · Benicàssim · Oropesa del Mar · Benicarló-Peñíscola · Vinaròs · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Salou · Tarragona 1 tren ao día
Talgo Mare Nostrum Cartagena Torre Pacheco · Balsicas-Mar Menor Montpellier Saint-Roch Orihuela · Elx-Parc · Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Xàtiva · València-Nord · Castelló de la Plana · Benicàssim · Benicarló-Peñíscola · Vinaròs · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Cambrils · Salou · Tarragona · Barcelona-Sants · Xirona · Figueres · Portbou · Cerbère · Perpiñán · Narbona · Béziers 1 tren ao día cambio de ancho en Portbou

Media distancia[editar | editar a fonte]

Liñas de Media distancia Renfe que prestan servizo na estación
Liña << >> Material móbil
L-1 València-Nord terminal S-592
Cartaxena

Proximidades[editar | editar a fonte]

destino/orixe < estación liña estación > orixe/destino
terminal C-1 light blue.svg Beniel Alacant-Terminal
Águilas
Lorca-Sutullena
Alcantarilla-Los Romanos C-2 green.svg terminal