Estación de Calatayud
Calatayud | |
---|---|
Fachada da estación de Calatayud | |
Situación | Calatayud (Zaragoza) |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | AVE, Avant |
Longa Distancia | Alvia |
Media distancia | Rexional, Rexional Exprés |
A estación de Calatayud é unha estación ferroviaria de Adif situada na cidade de Calatayud, na provincia de Zaragoza. Nela conflúen o trazado clásico de ancho ibérico entre Madrid e Barcelona e a nova liña de alta velocidade. Para a chegada desta última optouse por remodelar a antiga estación tamén coñecida como Calatayud-Jalón.
En 2010 foi utilizada por 250.000 pasaxeiros.[1]
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación, que se atopa a 531,4 metros de altitude, está integrada tanto na liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa, punto quilométrico 221,3[2] como na liña férrea de ancho ibérico que une Madrid con Barcelona, punto quilométrico 244,7.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada o 25 de maio de 1863 coa apertura do tramo Medinaceli-Zaragoza da liña férrea Madrid-Zaragoza por parte da Compañía dos Ferrocarrís de Madrid a Zaragoza e Alacant ou MZA.[4] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración da compañía na recentemente creada Renfe.
O 24 de febreiro de 2003 o AVE fixo por primeira vez a súa parada nunha remocicada estación de Calatayud. O 10 de outubro de 2003 a liña Madrid-Zaragoza-Lleida foi inaugurada oficialmente descubríndose unha placa que facía mención a iso por parte dos reis Xoán Carlos I e Sofía.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
[editar | editar a fonte]A estación sitúase ao sueste do centro urbano non moi lonxe do río Jalón. Para a chegada da alta velocidade o recinto sufriu unha ampla remodelación aínda que se optou por preservar o edificio histórico construído por MZA no século XIX recubríndoo cunha estrutura de ladrillo e cristal que lle dá un aspecto máis moderno e amplía a súa capacidade.
Desde a súa reforma conta con dúas vías máis de ancho internacional usadas polos trens de alta velocidade de tal forma que o seu esquema de vías quedou da seguinte forma: a-v-v-a-v-v-v-v-a. Os cambios de plataforma realízanse grazas a pasos subterráneos. As novas plataformas están protexidas cunha cuberta acristalada e illadas acusticamente.
Conta con venda de billetes, punto de información, wifi, aseos e caixeiros. Ademais o recinto está adaptado para as persoas con minusvalía. No exterior dispón dun aparcadoiro con capacidade para máis de douscentos vehículos, un heliporto, zonas axardinadas e paradas de taxis e autobuses urbanos.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 8 de xullo de 2016.
Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observacións |
---|---|---|---|---|
AVE | Madrid-Puerta de Atocha | Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona | Barcelona-Sants | 2 trens diarios por sentido |
AVE | Madrid-Puerta de Atocha | Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona · Barcelona-Sants · Xirona | Figueres-Vilafant | 8 trens diarios por sentido |
AVE | Madrid-Puerta de Atocha | Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Tardienta | Huesca | 2 trens diarios por sentido |
Alvia | Madrid-Puerta de Atocha | Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla | Pamplona | 3/4 trens diarios por sentido |
Alvia | Madrid-Puerta de Atocha | Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Alfaro · Calahorra | Logroño | 6 trens semanais por sentido |
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 8 de xullo de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
Avant | Calatayud | Zaragoza-Delicias | ||
Rexional Exprés | Madrid-Chamartín | Barcelona-Estació de França | ||
Rexional | Madrid-Chamartín | Lleida-Pirineus Zaragoza-Miraflores | ||
Rexional | Arcos de Jalón Calatayud |
Zaragoza-Miraflores |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ As estacións fantasmas do AVE Diario Público
- ↑ Calatayud (Est.)Euroferroviarios
- ↑ Calatayud-Jalón (Est.) Euroferroviarios
- ↑ Madrid a Zaragoza Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. spanishrailway
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Calatayud |
- Información na web de Adif Arquivado 08 de agosto de 2016 en Wayback Machine.