Estación de Portbou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°25′29″N 3°09′28″L / 42.424722, 3.157778

Portbou
Vista da vila e da estación de Portbou
SituaciónPortbou (Xirona)
ServizosRestauración Venda de Billetes
Liñas
Longa DistanciaEstrella, Talgo, Corail Lunéa
Media distancia
Intermodalidade
OutrosTER Languedoc-Roussillon

A Estación de Portbou é unha estación de ferrocarril situada na vila de Portbou, na provincia de Xirona. A estación atópase na liña Barcelona-Xirona-Portbou e ten rango de estación internacional.

Nela fanse os transbordos en sentido Francia-España, mentres que no sentido inverso realízanse en Cerbère. Coa apertura da Liña de alta velocidade Figueres-Perpiñán e, nun futuro, da liña entre Barcelona e Figueres, as conexións internacionais faranse sen transbordo.

Historia[editar | editar a fonte]

A antiga estación foi inaugurada o 20 de xaneiro de 1878 cando entrou en servizo o tramo entre Figueres e Portbou. En 1929 foi substituída pola actual, construída pola Compañía de Ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y a Alicante.

Destaca a gran marquesiña de ferro e vidro que cobre as plataformas, que foi construída polos talleres de Joan Torras i Guardiola. Torras era coñecido como o Eiffel catalán polo seu dominio das estruturas de ferro e grandes obras de enxeñaría como os mercados de Lleida, Tortosa e a Torre de les Aigües do Tibidabo, en Barcelona.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Talgo pendular estacionado en Portbou

Media Distancia[editar | editar a fonte]

procedencia/destino < estación liña estación > destino/procedencia
Media Distancia Renfe
Barcelona-Sants Colera terminal
Cerbère1
Transport express régional
terminal2
L2
Cerbère Avignon Centre
Narbona
Toulouse-Matabiau
  1. Os rexionais R11 só admiten pasaxeiros en sentido Cerbère.
  2. Os rexionais TER só admiten pasaxeiros en sentido Portbou.

Longa Distancia[editar | editar a fonte]

Nome do servizo << >> Paradas intermedias Observacións
Talgo
Mare Nostrum
Montpellier-Saint Roch Cartagena Béziers · Narbona · Perpiñán · Cerbère · Figueres · Xirona · Barcelona-Sants · Tarragona · Salou · Cambrils · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Vinaròs · Benicarló-Peñíscola · Benicàssim · Castelló de la Plana · València-Nord · Xàtiva · Villena · Elda-Petrer · Alacant-Terminal · Elx-Parc · Orihuela · Murcia del Carmen · Balsicas-Mar Menor · Torre Pacheco
Estrella
Costa Brava
Madrid-Chamartín Cerbère (só destino) Alcalá de Henares · Guadalaxara · Sigüenza · Arcos de Jalón · Calatayud · La Puebla de Híjar · Caspe · Flix · Móra la Nova · Reus · Tarragona · Sant Vicenç de Calders · Barcelona-Sants · Granollers Centre · Caldes de Malavella · Xirona · Flaçà · Figueres · Llançà Para en Cerbère só sentido Cerbère
Corail Lunéa París-Austerlitz terminal (só destino) Melun · Montereau · Sens · Laroche-Migennes · Montbard · Dijon · Chalon-sur-Saône · Mâcon-Ville · Lyon-Part Dieu · Valence Ville · Montélimar · Orange · Aviñón Centro · Nimes · Montpellier-Saint Roch · Sète · Adge · Béziers · Narbona · Perpiñán Para en Portbou só sentido Portbou
Corail Lunéa Estrasburgo
Metz
terminal (só destino) Colmar · Mulhouse · Belfort · Montbéliard · Besançon · Lons-le-Saunier · Bourg-en-Bresse · Lyon-Part Dieu · Valence Ville · Montélimar · Orange · Aviñón Centro · Nîmes · Montpellier-Saint Roch · Sète · Adge · Béziers · Narbona · Perpiñán · Cerbère

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]