Estación de Lubián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°02′16″N 6°53′36″O / 42.0378, -6.89331

Lubián
SituaciónLubián

Lubián é unha estación de tren de Adif situada na vila de Lubián, provincia de Zamora. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 133,002 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora coa Coruña vía Ourense a 1.056 metros de altitude, entre as estacións de Pedralba e A Mezquita-Vilavella.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia[editar | editar a fonte]

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación quedou sen os servizos de Media distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]

A estación[editar | editar a fonte]

Abandonada durante moito tempo a estación sufriu unha importante remodelación no ano 2010 restaurando tanto o edificio de viaxeiros como as plataformas e mellorando a iluminación do recinto. Non sucedeu o mesmo co peirao de carga e outros edificios anexos que seguen mostrando un avanzado estado de deterioración.

Componse de dúas plataformas curvadas, unha lateral e outra central, ásque acceden tres vías. Os cambios de vía realízanse a nivel.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]