Manuel Hernández y Álvarez Reyero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de setembro de 2023 ás 07:39 por Abraiator (conversa | contribucións) (Engadidos outros traballos do arquitecto e referencia bibliográfica.)
Infotaula de personaManuel Hernández y Álvarez Reyero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1864 Editar o valor em Wikidata
León, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 1933 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Soria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata
Igrexa de Santa Lucía da Coruña

Manuel Hernández y Álvarez Reyero, nado en León o 17 de marzo de 1864 e finado en Cáceres no século XX, foi un arquitecto español vinculado á arquitectura civil da cidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria

Hérnandez era fillo do enxeñeiro de camiños Manuel Hernández Muñoz e de Ninfa Álvarez Reyero.[1] Comezou os estudos de arquitectura en Madrid en 1883.

Tras presentar o proxecto de fin de carreira "Bolsa para Madrid" recibiu o título de arquitecto en 1892.[1] En 1896 foi director de obra do Palacio Episcopal de Astorga, deseñado por Antoni Gaudí.[1] Radicouse en Santiago de Compostela[2] en 1899 como arquitecto diocesano da Arquidiocese de Santiago de Compostela (cargo que ocupou ata 1914). Encargouse das obras da igrexa de Santa Lucía da Coruña,[1] e foi ademais profesor de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Santiago. En 1910 abandonou a cidade para ocupara a praza de arquitecto municipal de Cáceres.[1]

A transición da arquitectura de comezos dos século XX cada ao modernismo corresponde en gran medida a Manuel Hernández y Álvarez Reyero, que exerceu como arquitecto municipal entre 1899 e 1910. Un importante número de vivendas da época asinadas por el mostran un estilo ecléctico e gusto modernista. Exemplos claro son a vivendas do número 17 da rúa do Castro na esquina coa Travesa da Universidade, de 1906 (aínda en pé), e tamén a do número 8 da rúa do Hórreo, de 1909 (hoxe derrubada).[3] Seu foi tamén o deseños do pavillón destinado a acoller o Centro Galego da Habana na cidade durante a celebración da Exposición Rexional de 1909[4].

Outros traballos seus foron o proxecto da igrexa neogótica situada en Caritel (Ponte Caldelas) (1903-1916), os cines Odeón e Royalty de Vigo (1916), a reconstrución en estilo gótico das fachadas das igrexas de Santiago de La Coruña (1897-1912) e Betanzos (1898-1901)[5].

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Fernández Fernández, Xosé. Miscelánea coruñesa (en castelán). Librería Arenas. p. 141. 
  2. Resumen de Arquitectura. Revista de la Sociedad Central de Arquitectos, nº 2, do 1 de febreiro de 1899, páx. 23 (en castelán).
  3. Anuario Brigantino, 2009, nº 32, páx. 353 (en castelán).
  4. Gallaecia Fvlget: (1495-1995): cinco séculos de historia universitaria, Universidade de Santiago, 1995, páx. 462
  5. "Manuel Hernández y Álvarez Reyero | Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2023-09-11.