Grafito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grafito
Grafito na súa típica cor gris
Fórmula químicaC
ClaseElementos nativos
Sistema cristalinoHexagonal
CorDe gris clara a gris escura
BrilloSubmetálico
Dureza1-2
FracturaIrregular
ExfoliaciónPerfecta
RaiaGris metálica
Densidade2,1-2,3 g/cm3

O grafito[1][2] (tamén chamado en ocasións plumbaxina ou chumbo negro) é unha das formas coñecidas nas que se pode presentar o carbono. Outra forma ben coñecida é o diamante. É, polo tanto, un mineral da clase dos elementos navitos cuxa fórmula química é C.

Aspecto[editar | editar a fonte]

De aspecto metálico e de cor agrisada, o grafito rara vez aparece na súa forma cristalina. Exfóliase con moita facilidade.

Estrutura[editar | editar a fonte]

No grafito, os átomos de carbono forman capas paralelas, apiladas unhas encima das outras. Detro dunha capa, os átomos de carbono están enlazados a outros tres a unha distancia moi curta. Entre unha capa é outra a distancia de unión é moito maior, e por iso as capas pódense exfoliar tan facilmente unhas das outras.

Propiedades[editar | editar a fonte]

En dirección perpendicular ás capas, o grafito presenta unha certa condutividade da electricidade, que aumenta ó elevar a temperatura, comportándose deste xeito como un semicondutor. Ó longo das capas a condutividade é moito maior e diminúe ó aumentar a temperatura, comportándose como un condutor eléctrico semimetálico.

Usos do grafito[editar | editar a fonte]

O grafito é usado basicamente para a fabricación de lapis, ladrillos, crisois, discos parecidos ós de vinilo pero máis resistentes, reactores nucleares, eléctrodos (pola súa condutividade) e pezas de enxeñería (pistóns, xuntas, arandelas, rodamentos).

Pódese obter grafito sintético quentando unha mestura de petróleo e brea de carbón a uns 950 °C durante un tempo que abrangue entre as 11 e as 13 semanas, depositando logo o produto resultante nun forno eléctrico a unha temperatura próxima ós 2.800 °C durante unhas 4 ou 5 semanas. O proceso é, na súa meirande parte, unha técnica a altas temperaturas, pero é tamén un procedemento de refinado, xa que case tódalas impurezas dos óxidos metálicos do carbón en bruto quedan reducidas a metal e acaban por evaporar.

Outros elementos nativos[editar | editar a fonte]

Existen outros minerais formados exclusivamente por un só elemento. Algúns deles son:

O xofre (S), o cobre (Cu), o ouro (Au) e a prata (Ag). Tamén o diamante é un elemento nativo formado, do mesmo xeito co grafito, unicamente por átomos de carbono (C).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para grafito.
  2. "grafito". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]