Estreito de Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 9°50′00″S 142°30′00″L / -9.8333333333333, 142.5

Mapa.

O estreito de Torres[1] separa Australia e Papúa Nova Guinea. Mide aproximadamente 150 km de ancho. Ao sur atópase o Cabo York, o punto máis ao norte do estado australiano de Queensland. Ao norte encóntrase a provincia occidental de Papúa Nova Guinea.

O estreito une o mar do Coral (ao leste) co mar de Arafura (ao oeste). É moi pouco profundo, e o labirinto de arrecifes e illas faino moi difícil de navegar. No estreito atópanse as illas do estreito de Torres, habitadas polos insulares do estreito de Torres, un pobo melanesio relacionado cos papúas.

O primeiro en atravesar o estreito foi o mariño español Luís Váez de Torres, lugartenente na expedición de Pedro Fernández de Quirós que partiu do Perú cara ao Pacífico Sur en 1605. Tras o regreso a México do barco de Quirós, Torres continuou cara a Manila, pasando polas Molucas. Navegou ao longo da costa sur de Nova Guinea, e probablemente chegou a ver o extremo norte de Australia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.