Pobos papúas
| Pobos papúas | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Os papúas[2] son un conxunto de pobos indíxenas da illa de Nova Guinea e as illas veciñas, que falan as diferentes linguas papúas. Diferéncianse lingüística e etnicamente dos austronesios, que son falantes dunha familia lingüística introducida en Nova Guinea hai trescentos anos.
Linguas papúas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Linguas papúas.

O gran número de grupos étnicos distinguibles na illa de Nova Guinea e os arquipélagos adxacentes reflíctese na gran diversidade lingüística desta rexión xeográfica. Dende comezos do século XX, antropólogos e lingüistas traballaron para documentar as linguas papúas, clasificalas e reconstruír a súa historia pasada. O traballo conxunto de antropólogos e lingüistas permitiu aclarar a etnoxénese dos pobos de Nova Guinea e os arquipélagos achegados.
Xenética
[editar | editar a fonte]
Nun estudo de 2005 sobre variacións do xene ASPM, Mekel-Bobrov et al. descubriron que os pobos papúas teñen a taxa máis alta do haplogrupo D do recentemente evolucionado ASPM, co 59,4% de ocorrencia do alelo de 6 000 anos de antigüidade.[3] Malia que non se coñece exactamente cal é a vantaxe selectiva que proporciona este xene, o alelo do haplogrupo D crese que foi seleccionado positivamente en poboacións para conferir algunha vantaxe substancial que fixo que a súa frecuencia medrase axiña.
Os principais haplogrupos do cromosoma Y dos pobos papúas son o haplogrupo K2b1 (Y-DNA) e o haplogrupo C1b2a.[4]
Grupos étnicos papúas
[editar | editar a fonte]Territorio indonesio
[editar | editar a fonte]Territorio de Papúa-Nova Guinea
[editar | editar a fonte]Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Nenos papúas en Yengisa, Papúa-Nova Guinea.
- Danza tradicional papúa.
- Rapazas papúas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kewarganegaraan, Suku Bangsa, Agama, Dan Bahasa Sehari-Hari Penduduk Indonesia". Badan Pusat Statistik. 2010. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2017. Consultado o 18 de xullo de 2017.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para papúa.
- ↑ "Ongoing Adaptive Evolution of ASPM, a Brain Size Determinant in Homo sapiens", Science, 9 de setembro de 2005: Vol. 309. no. 5741, pp. 1720–1722.
- ↑ 崎谷満『DNA・考古・言語の学際研究が示す新・日本列島史』(勉誠出版 2009年)(en xaponés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- W. G. Lawes (1882). Popular Science Monthly, ed. New Guinea and Its People.