Insulares do estreito de Torres
| Insulares do estreito de Torres | |||||
|---|---|---|---|---|---|
Carauta do estreito de Torres (século XIX) | |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Subclase de
| |||||
|
Epónimo
| |||||
|
Relacionados
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Rexións principais | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Os insulares do estreito de Torres son os poboadores orixinarios das Illas do estreito de Torres e de parte do actual estado de Queensland. Segundo a lexislación australiana, constitúen xunto cos aborixes australianos os dous grupos de indíxenas australianos do país. O 6% dos indíxenas australianos identifícase plenamente como Insular do estreito de Torres. Outro 4% dos indíxenas australianos identifícase tendo herdanza mixta aborixe e do estreito de Torres.[1]

Poboación
[editar | editar a fonte]Hai preto de 6.000 Insulares do estreito que viven nas Illas do estreito de Torres, e outros 42.000 que viven fóra delas, maioritariamente no norte de Queensland, destacando as localidades de Townsville e Cairns.[2]
Cultura
[editar | editar a fonte]Os insulares do estreito de Torres posúen unha herdanza cultural e historia distinta das tradicións aborixes. Os que viven na área leste do Estreito de Torres, están relacionados cos pobos de Papúa-Nova Guinea, e falan unha lingua papúa.[3] Así pois, non son xeralmente incluídos baixo a denominación "aborixes australianos". Este foi outro factor para a promoción do máis inclusivo termo "indíxenas australianos".
Linguas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Linguas das illas do estreito de Torres.
Os indíxenas de Torres falan dúas linguas autóctonas. Os da parte central e occidental falan linguas do grupo pama-nyunganas (kalaw lagaw ya, kalau kawau ya, kulkalgau ya e kawalgau ya), mentres que os da parte oriental falan a lingua meriam mìr, do grupo de linguas papúas.
Insulares do estreito destacábeis
[editar | editar a fonte]- Eddie Mabo
- Christine Anu
- Seaman Dan
- Wendell Sailor
- Sam Thaiday
- Brent Webb
- Robert Lui
- Michael Bani
- Albert Proud
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aboriginal and Torres Strait Islander population, Australian Bureau of Statistics 2004. Consultado o 21 de xuño de 2007.
- ↑ "Australia's Aboriginal and Torres Strait Islander peoples". Australia Now. Australian Government Department of Foreign Affairs and Trade. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2006. Consultado o 2006-12-10.
- ↑ "Ethnologue report for language code: ulk". Ethnologue.com. Consultado o 9 de agosto de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Aborixes australianos
- Bandeira dos insulares do estreito de Torres
- Illas do estreito de Torres
- Papúa-Nova Guinea
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Torres Strait Regional Authority Arquivado 24 de outubro de 2016 en Wayback Machine.
- Church of Torres Strait
- Aboriginal and Torres Strait Islanders' virtual books (en inglés)
- Aboriginal and Torres Strait Islander Social Justice Commissioner, Social Justice Reports 1994-2009 e Native Title Reports 1994-2009 (en inglés)