Alonzo Mourning

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alonzo Mourning
Posición Pivote
Dorsal 33
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 118 kg (261 lb)
Nacemento 8 de febreiro de 1970 (54 anos)
Chesapeake, Virxinia
Carreira
Universidade Georgetown
NBA Draft 1992 / Rolda: 1 / Elección: 2
Por Charlotte Hornets
Tempadas 19922008
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     14 311 (17,1 pp)
Rebotes     7 137 (8,5 pp)
Tapóns     2 356 (2,8 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador

Alonzo Harding Mourning, Jr., nado o 8 de febreiro de 1970 en Chesapeake, Virxinia, é un ex xogador americano de baloncesto profesional, que xogou a maioría dos seus 15 anos en activo nos Miami Heat da NBA.

Mourning xogaba de pivote, e tiña o alcume de "Zo". A súa tenacidade en defensa fíxolle gañar dúas veces o premio ao mellor xogador defensivo da NBA, e estar no equipo defensivo do ano nunha ocasión. Volveu a xogar tras un transplante de ril, e máis tarde gañou o seu primeiro e único Campionato da NBA cos Heat. Ademais, xogou para os Charlotte Hornets e os New Jersey Nets. O 30 de marzo de 2009, Mourning converteuse no primeiro xogador da historia dos Miami Heat en ter o seu número retirado.

Mourning e a súa muller Tracy teñen tres fillos: un fillo chamado Alonzo III ("Trey"), unha filla chamada Myka Sydney, e un segundo fillo chamado Alijah (nado o 18 de setembro de 2009).[1] En abril de 2010, Mourning foi incluído no Virginia Sports Hall of Fame en recoñecemento á súa traxectoria no instituto, universitaria e profesional ademais do seu traballo coma voluntario ao servizo da comunidade onde viviu e traballou durante a súa vida. No ano 2014 foi incluído no Basketball Hall of Fame.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Celebrity baby news via Alonzo and Tracy Mourning: It's a boy!". Back Celeb Kids (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2015. Consultado o 4 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]