Arcaísmo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Synthebot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fr:Archaïsme
Synthebot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: wa:Vî mot
Liña 47: Liña 47:
[[sv:Arkaism]]
[[sv:Arkaism]]
[[uk:Архаїзм]]
[[uk:Архаїзм]]
[[wa:Vî mot]]

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2008 ás 17:29

Os arcaísmos son palabras que existían no galego medieval, mais que na actualidade non se aceptan por se consideraren antigas debido a tres factores:

  • Algunhas destas palabras xa eran pouco usuais na época medieval (ex. *vegada, por vez).
  • Outras voces interpretáronse mal: como o tan empregado erroneamente *conquerir (usado como conseguir), e que na Idade Media significaba conquistar.
  • E incluso outras formas estaban nunha fase evolutiva (como *caor ou *coor)

Outros arcaísmos

  • capiduo, *caloña, *estormento, *estoria, *maor, *mor, *outo, *tiduo, *trebuto... Algúns deles existen actualmente nos topónimos, como é o caso de Montouto ou Toxosoutos.

A aceptación

Existen casos específicos onde un termo moi habitual do galego medieval si que se acepta. Este pode ser o caso de ren (adverbio) ou res (adxectivo), admitido no VOLG de 2004. Ás veces a lingua común ou a terminoloxía e a neoloxía poden botar man de formas antigas para ampliar o seu significado á actualidade e recuperar o seu uso: é o caso de albanel, Deus ou albéitar, palabras que xa non existían no galego oral e que se recuperaron ou reconstruíron en base ó galego medieval (ou en base ó seu outro herdeiro directo, o portugués).

Véxase tamén