Taoísmo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Iniciais das categorías en maiúsculas
m Robot: Reemplazo automático de texto (-conceito +concepto)
Liña 22: Liña 22:
'''Taoísmo''' ou '''Daoísmo''' ([[lingua chinesa|chinés]]: transcricións [[pinyin|py]] Dàoxiào, [[Wade-Gilles|W-G]] Tao-chiao) é xeralmente descrito como unha [[filosofía]] e [[relixión]] [[Asia|asiática]], aínda que tamén se diga que non é ningunha das dúas, senón un aspecto da sabedoría chinesa. Traducido literalmente, significa "o ensino do [[Tao]]" . No contexto taoísta, 'Tao' pode ser entendido como un camiño no espazo-tempo -a orde en que as cousas acontecen-. Como termo descritivo, pódese referir ao mundo real na historia -algunhas veces nomeado como o "gran Tao"- ou, antecipadamente, como unha orde que se debe manifestar -a orde moral de Confucio ou Lao Tse ou Cristo, etc.- Un tema no pensamento chinés primitivo é ''Tian-dao'' ou camiño da natureza (tamén traducido como "ceo", e ás veces "Deus"). Corresponde aproximadamente á orde das cousas de acordo coa lei natural. Tanto o "camiño da natureza" canto o "gran camiño" inspiran o afastamento estereotípico taoísta das doutrinas morais e normativas. Así, pensado como o proceso polo cal cada cousa se torna o que ela é (a "Nai de todas as deusas") parece difícil imaxinar que temos que escoller entre calquer valor do seu contido normativo - polo tanto pode ser visto como un principio eficiente de "vacío" que sustenta confiabelmente o funcionamento do universo.
'''Taoísmo''' ou '''Daoísmo''' ([[lingua chinesa|chinés]]: transcricións [[pinyin|py]] Dàoxiào, [[Wade-Gilles|W-G]] Tao-chiao) é xeralmente descrito como unha [[filosofía]] e [[relixión]] [[Asia|asiática]], aínda que tamén se diga que non é ningunha das dúas, senón un aspecto da sabedoría chinesa. Traducido literalmente, significa "o ensino do [[Tao]]" . No contexto taoísta, 'Tao' pode ser entendido como un camiño no espazo-tempo -a orde en que as cousas acontecen-. Como termo descritivo, pódese referir ao mundo real na historia -algunhas veces nomeado como o "gran Tao"- ou, antecipadamente, como unha orde que se debe manifestar -a orde moral de Confucio ou Lao Tse ou Cristo, etc.- Un tema no pensamento chinés primitivo é ''Tian-dao'' ou camiño da natureza (tamén traducido como "ceo", e ás veces "Deus"). Corresponde aproximadamente á orde das cousas de acordo coa lei natural. Tanto o "camiño da natureza" canto o "gran camiño" inspiran o afastamento estereotípico taoísta das doutrinas morais e normativas. Así, pensado como o proceso polo cal cada cousa se torna o que ela é (a "Nai de todas as deusas") parece difícil imaxinar que temos que escoller entre calquer valor do seu contido normativo - polo tanto pode ser visto como un principio eficiente de "vacío" que sustenta confiabelmente o funcionamento do universo.


O taoísmo é unha tradición que, co seu tradicional contraste, o [[Confucio|confucionismo]], modelou a vida chinesa por máis de 2000 anos. O taoísmo enfatiza a espontaneidade ou liberdade da manipulación socio-cultural polas institucións, linguaxe e prácticas culturais. Como o conceito confucionista de goberno consiste en facer que todos sigan o mesmo tao moral, manifesta anarquismo -defendendo esencialmente a idea de que non precisamos de nengunha orientación centralizada-. As especies naturais seguen camiños apropriados a elas, e os seres humanos son unha especie natural. Seguimos todos por procesos de adquisición da sociedade diferentes normas e orientacións, e non obstante, podemos vivir en paz se non procuramos unificar todas estas formas naturais de ser. Así, o taoísmo representa de moitas maneiras a antítese do conceito confucionista referente a deberes morais, cohesión social e responsabilidades gobernamentais, mesmo que o pensamento de [[Confucio]] inclúa os valores taoístas e o inverso, como se pode ler nos [[Anais de Confucio]].
O taoísmo é unha tradición que, co seu tradicional contraste, o [[Confucio|confucionismo]], modelou a vida chinesa por máis de 2000 anos. O taoísmo enfatiza a espontaneidade ou liberdade da manipulación socio-cultural polas institucións, linguaxe e prácticas culturais. Como o concepto confucionista de goberno consiste en facer que todos sigan o mesmo tao moral, manifesta anarquismo -defendendo esencialmente a idea de que non precisamos de nengunha orientación centralizada-. As especies naturais seguen camiños apropriados a elas, e os seres humanos son unha especie natural. Seguimos todos por procesos de adquisición da sociedade diferentes normas e orientacións, e non obstante, podemos vivir en paz se non procuramos unificar todas estas formas naturais de ser. Así, o taoísmo representa de moitas maneiras a antítese do concepto confucionista referente a deberes morais, cohesión social e responsabilidades gobernamentais, mesmo que o pensamento de [[Confucio]] inclúa os valores taoístas e o inverso, como se pode ler nos [[Anais de Confucio]].


== Orixes do Taoísmo ==
== Orixes do Taoísmo ==
Liña 43: Liña 43:
== Filosofía Taoísta ==
== Filosofía Taoísta ==


* Do Camiño surxe '''un''' (aquel que está consciente), de cuxa consciencia pola súa vez surxe o conceito de '''dous''' (''yin'' e ''yang''), dos cais o número '''tres''' está implícito (ceo, terra e humanidade); producindo finalmente por extensión a totalidade do mundo como o coñecemos, '''as dez mil cousas''', a través da harmonía das [[teoría dos cinco elementos|Wuxing]]. O Camiño encanto pasa polos cinco elementos do Wuxing é tamén visto como circular, actuando sobre si mesmo a través da mudanza para simular un ciclo de vida e morte nas dez mil cousas do universo fenoménico.
* Do Camiño surxe '''un''' (aquel que está consciente), de cuxa consciencia pola súa vez surxe o concepto de '''dous''' (''yin'' e ''yang''), dos cais o número '''tres''' está implícito (ceo, terra e humanidade); producindo finalmente por extensión a totalidade do mundo como o coñecemos, '''as dez mil cousas''', a través da harmonía das [[teoría dos cinco elementos|Wuxing]]. O Camiño encanto pasa polos cinco elementos do Wuxing é tamén visto como circular, actuando sobre si mesmo a través da mudanza para simular un ciclo de vida e morte nas dez mil cousas do universo fenoménico.
*Actúa de acordo con natureza, e con sutileza en lugar de forza.
*Actúa de acordo con natureza, e con sutileza en lugar de forza.
*A perspectiva correta será atopada pola actividade mental da persoa, ata chegar a unha fonte máis profunda que guie a súa interacción persoal co universo (vexa 'wu wei' abaixo). O desexo obstrúe a habilidade persoal de entender O Camiño (vexa tamén [[karma]]), moderar o desexo xera contento. Os taoístas consideran que cando un desexo é satisfeito, outro, máis ambicioso, brota para substituilo. En esencia, a maioría dos taoístas sente que a vida debe ser apreciada como ela é, en lugar forzala a ser o que non é. Idealmente, non se debe desexar nada, "nen tampouco non desexar".
*A perspectiva correta será atopada pola actividade mental da persoa, ata chegar a unha fonte máis profunda que guie a súa interacción persoal co universo (vexa 'wu wei' abaixo). O desexo obstrúe a habilidade persoal de entender O Camiño (vexa tamén [[karma]]), moderar o desexo xera contento. Os taoístas consideran que cando un desexo é satisfeito, outro, máis ambicioso, brota para substituilo. En esencia, a maioría dos taoístas sente que a vida debe ser apreciada como ela é, en lugar forzala a ser o que non é. Idealmente, non se debe desexar nada, "nen tampouco non desexar".
Liña 59: Liña 59:
== A relixión Taoísta ==
== A relixión Taoísta ==


Aínda que os aspectos relixiosos específicos non se mencionan no [[Tao Te Ching|Tao Te King]] ou Zhuang Ci, á medida en que o taoísmo se espallou pola poboación da China, mesturouse con algunhas crenzas preexistentes, como a [[Teoría dos Cinco Elementos]], a [[alquimia]] e o [[culto aos ancestrais]]. O [[budismo chan|Budismo chan chinés]] tamén foi directamente influenciado por filosofias taoístas. Por fin, elementos do taoísmo combináronse con elementos do [[Budismo]] e do [[Confucionismo]] na forma do [[Neo-Confucionismo]]. Tentativas de alcanzar maior [[lonxevidade]] eran un tema frecuente na maxía e alquimia taoístas, con varios [[feitizos]] e pocións, aínda existentes, con ese propósito. Moitas versións antigas da [[medicina chinesa]] eran enraizadas no pensamento taoísta, e tanto a medicina chinesa moderna como as [[artes marciais chinesas]] son tamén de varios xeitos baseadas en conceitos taoístas, como o [[Tao]], o [[Qi]], e o equilibrio entre o [[Yin yang]] e o [[Yin yang]].
Aínda que os aspectos relixiosos específicos non se mencionan no [[Tao Te Ching|Tao Te King]] ou Zhuang Ci, á medida en que o taoísmo se espallou pola poboación da China, mesturouse con algunhas crenzas preexistentes, como a [[Teoría dos Cinco Elementos]], a [[alquimia]] e o [[culto aos ancestrais]]. O [[budismo chan|Budismo chan chinés]] tamén foi directamente influenciado por filosofias taoístas. Por fin, elementos do taoísmo combináronse con elementos do [[Budismo]] e do [[Confucionismo]] na forma do [[Neo-Confucionismo]]. Tentativas de alcanzar maior [[lonxevidade]] eran un tema frecuente na maxía e alquimia taoístas, con varios [[feitizos]] e pocións, aínda existentes, con ese propósito. Moitas versións antigas da [[medicina chinesa]] eran enraizadas no pensamento taoísta, e tanto a medicina chinesa moderna como as [[artes marciais chinesas]] son tamén de varios xeitos baseadas en conceptos taoístas, como o [[Tao]], o [[Qi]], e o equilibrio entre o [[Yin yang]] e o [[Yin yang]].


Co tempo, a absoluta liberdade dos seguidores do taoísmo pareceu ameazadora á autoridade dalguns gobernantes, que incentivaron o crecimento de seitas máis comprometidas coas tradicións confucionistas. Unha igrexa taoísta formouse ao fin da [[dinastia Han]], por [[Zhang Daoling]]. Moitas seitas evoluíron a través dos anos, mais a maioría traza as súas orixes a Zhan Daoding, e gran parte dos [[templos]] taoístas modernos pertence a unha ou outra desas seitas. As [[igrexas]] taoístas incorporan panteóns enteiros de divindades, incluindo Lao Tse, Zhang Daoling, o [[Imperador Amarelo]], o [[Imperador Xade]], [[Lei Gong]] (O Deus do Trebón) e outros. As dúas maiores igrexas taoístas da actualidade son a [[Seita Zhengyi]] (evoluída dunha seita fundada por Zhang Daoling) e o [[Taoísmo Canzhen]] (fundado por [[Wang Chongyang]]).
Co tempo, a absoluta liberdade dos seguidores do taoísmo pareceu ameazadora á autoridade dalguns gobernantes, que incentivaron o crecimento de seitas máis comprometidas coas tradicións confucionistas. Unha igrexa taoísta formouse ao fin da [[dinastia Han]], por [[Zhang Daoling]]. Moitas seitas evoluíron a través dos anos, mais a maioría traza as súas orixes a Zhan Daoding, e gran parte dos [[templos]] taoístas modernos pertence a unha ou outra desas seitas. As [[igrexas]] taoístas incorporan panteóns enteiros de divindades, incluindo Lao Tse, Zhang Daoling, o [[Imperador Amarelo]], o [[Imperador Xade]], [[Lei Gong]] (O Deus do Trebón) e outros. As dúas maiores igrexas taoístas da actualidade son a [[Seita Zhengyi]] (evoluída dunha seita fundada por Zhang Daoling) e o [[Taoísmo Canzhen]] (fundado por [[Wang Chongyang]]).

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2008 ás 05:19

Taoísmo
Língua Chinesa: 道教
Pinyin: Dàoxiào
Wade-Gilles: Tao-chiao
O Yin-Yang, ou Taixi, diagrama frecuentemente utilizado para simbolizar o Taoísmo.

A palabra Taoísmo (ou Daoísmo) é xeralmente empregada para traducir dous termos chineses distintos, "Daojiao" (道教) (py Dàojiào, W-G Tao-chiao), que se refire aos "ensinamentos ou á relixión do Dao", e "Daojia", que se refire à (道家) "escola do Dao", a unha liña de pensamento da filosofía chinesa.

Así, o termo Taoísmo tem mais de un sentido no ocidente, pode referirse a:

O Tao do Taoísmo

Taoísmo ou Daoísmo (chinés: transcricións py Dàoxiào, W-G Tao-chiao) é xeralmente descrito como unha filosofía e relixión asiática, aínda que tamén se diga que non é ningunha das dúas, senón un aspecto da sabedoría chinesa. Traducido literalmente, significa "o ensino do Tao" . No contexto taoísta, 'Tao' pode ser entendido como un camiño no espazo-tempo -a orde en que as cousas acontecen-. Como termo descritivo, pódese referir ao mundo real na historia -algunhas veces nomeado como o "gran Tao"- ou, antecipadamente, como unha orde que se debe manifestar -a orde moral de Confucio ou Lao Tse ou Cristo, etc.- Un tema no pensamento chinés primitivo é Tian-dao ou camiño da natureza (tamén traducido como "ceo", e ás veces "Deus"). Corresponde aproximadamente á orde das cousas de acordo coa lei natural. Tanto o "camiño da natureza" canto o "gran camiño" inspiran o afastamento estereotípico taoísta das doutrinas morais e normativas. Así, pensado como o proceso polo cal cada cousa se torna o que ela é (a "Nai de todas as deusas") parece difícil imaxinar que temos que escoller entre calquer valor do seu contido normativo - polo tanto pode ser visto como un principio eficiente de "vacío" que sustenta confiabelmente o funcionamento do universo.

O taoísmo é unha tradición que, co seu tradicional contraste, o confucionismo, modelou a vida chinesa por máis de 2000 anos. O taoísmo enfatiza a espontaneidade ou liberdade da manipulación socio-cultural polas institucións, linguaxe e prácticas culturais. Como o concepto confucionista de goberno consiste en facer que todos sigan o mesmo tao moral, manifesta anarquismo -defendendo esencialmente a idea de que non precisamos de nengunha orientación centralizada-. As especies naturais seguen camiños apropriados a elas, e os seres humanos son unha especie natural. Seguimos todos por procesos de adquisición da sociedade diferentes normas e orientacións, e non obstante, podemos vivir en paz se non procuramos unificar todas estas formas naturais de ser. Así, o taoísmo representa de moitas maneiras a antítese do concepto confucionista referente a deberes morais, cohesión social e responsabilidades gobernamentais, mesmo que o pensamento de Confucio inclúa os valores taoístas e o inverso, como se pode ler nos Anais de Confucio.

Orixes do Taoísmo

Tradicionalmente, o Taoísmo é atribuído a tres fontes principais:

  • O máis antigo, o mítico "Imperador Amarelo";
  • o máis famoso, o libro de aforismos místicos, o Dao De Xing (Tao Te Ching), supostamente escrito por Lao Tse (Lao Tse), que, segunda a tradición, foi un contemporáneo máis vello de Confucio;
  • e o terceiro, os traballos do filósofo Zhuang Zi (Chuang Tse).
  • Outros libros ampliaron o Taoísmo, como o True Clasic of Perfect Emptines, de Lie Ci; e a compilación Huainanci.
  • Alén destes, o antigo I Ching, O Libro Das Mudanzas, é tido como unha fonte extra do taoísmo, así como prácticas de divinación da China antiga.
Tao en chinés. Tao reférese ao camiño do Taoísmo e ao universo.

O Dao De Xing

Artigo principal: Dao De Xing

O Dao De Xing , ou Tao Te Ching, foi escrito nunha época de aparentemente incesantes guerras feudais e conflitos constantes. O significado literal do título é aproximadamente "Camiño da Virtude Clásica" ou tamén como "o Libro do Camiño e da Virtude".

Segundo a tradición (largamente rexeitada polos estudiosos modernos), o autor do libro, Lao Tse, era un oficial menor da corte dun imperador da dinastia Zhou. Tornouse desgostoso coas intrigas triviais da vida na corte, e partiu soíño en viaxe polas vastas terras ao oeste. Cando estaba prestes a pasar polos portións do último posto avanzado do oeste, un guarda, tendo ouvido sobre a súa sabedoría, pediulle que escrebese sobre a súa filosofía, e o Dao De Xing foi o resultado. Lao Tse reflexionaba sobre un camiño a seguir pola humanidade, que puxese fin aos conflitos e ás guerras. Chegou a algunhas páxinas de versos curtos, que se tornaron o Dao De Xing. Ese é o libro que orixinou o Taoísmo. A evidencia académica suxere que o texto foi tomando forma ao longo dun grande período na China pre-Han e circulou en varias versións e coleccións editadas ata a ser padronizado logo despois da era Han.

Filosofía Taoísta

  • Do Camiño surxe un (aquel que está consciente), de cuxa consciencia pola súa vez surxe o concepto de dous (yin e yang), dos cais o número tres está implícito (ceo, terra e humanidade); producindo finalmente por extensión a totalidade do mundo como o coñecemos, as dez mil cousas, a través da harmonía das Wuxing. O Camiño encanto pasa polos cinco elementos do Wuxing é tamén visto como circular, actuando sobre si mesmo a través da mudanza para simular un ciclo de vida e morte nas dez mil cousas do universo fenoménico.
  • Actúa de acordo con natureza, e con sutileza en lugar de forza.
  • A perspectiva correta será atopada pola actividade mental da persoa, ata chegar a unha fonte máis profunda que guie a súa interacción persoal co universo (vexa 'wu wei' abaixo). O desexo obstrúe a habilidade persoal de entender O Camiño (vexa tamén karma), moderar o desexo xera contento. Os taoístas consideran que cando un desexo é satisfeito, outro, máis ambicioso, brota para substituilo. En esencia, a maioría dos taoístas sente que a vida debe ser apreciada como ela é, en lugar forzala a ser o que non é. Idealmente, non se debe desexar nada, "nen tampouco non desexar".
  • Unidade: ao perceber que todas as cousas (inclusive nós mesmos) son interdependentes e constantemente redefinidas pola mudanza das circunstancias, pasamos a ver todas as cousas como elas son, e a nós mesmos como apenas unha parte do momento presente. Esta comprensión da unidade lévanos a unha apreciación dos feitos da vida e do noso lugar neles como simples momentos miraculosos que "apenas son".
  • Dualismo, a oposición e combinación dos dous principios básicos Yin e Yang do universo, é unha grande parte da filosofía básica. Algunhas das asociacións comuns con Yang e Yin, respectivamente, son: masculino e feminino, luz e sombra, activo e pasivo, movimento e quietude. Os taoístas consideran que nengún dos dous é máis importante ou mellor que o outro, na verdade, nengún pode existir sen o outro, porque eles son aspectos equiparados do todo. Son en última análise unha distinción artificial baseada na nosa percepción das dez mil cousas, polo tanto é só a nosa percepción delas a que realmente muda. Ver taixi.

Wu Wei

Moito da esencia do Tao está na arte do wu wei (actuar polo non-actuar). Porén, isto non significa "espere sentado que o mundo caia no seu colo". Esa filosofía descrebe unha práctica de se realizar cousas a través da acción mínima. Polo estudo da natureza da vida, vostede pode influenciar o mundo do modo máis fácil e menos disruptivo (usando a fineza en vez da forza). A práctica de seguir a corrente do río en vez de ir contra ela é unha ilustración; unha persoa acada moito máis non por loitar e se debater contra a auga, mais permanecendo queda e seguindo á corrente do río.

O Wu Wei funciona a partir do momento en que confiamos no "deseño" humano, perfeitamente axustado para o noso lugar na natureza. Noutras palabras, confiando na nosa natureza en vez da nosa racionalidade, nós podemos atopar felicidade sen unha vida de loita constante contra forzas reais e imaxinarias.

  • Unha persoa pode aplicar esa técnica no activismo social. En vez de apelar a que outros tomen parte por unha causa -- sexa cal for a súa importancia ou validez --, podese entender que simplesmente considerando na causa, e deixando a súa crenza manifestarse nas súas accións, está asumindo a súa parte na responsabilidade polo movimento social. Indo coa corrente, por dicir así, co río (que neste caso é un paradigma social).

A relixión Taoísta

Aínda que os aspectos relixiosos específicos non se mencionan no Tao Te King ou Zhuang Ci, á medida en que o taoísmo se espallou pola poboación da China, mesturouse con algunhas crenzas preexistentes, como a Teoría dos Cinco Elementos, a alquimia e o culto aos ancestrais. O Budismo chan chinés tamén foi directamente influenciado por filosofias taoístas. Por fin, elementos do taoísmo combináronse con elementos do Budismo e do Confucionismo na forma do Neo-Confucionismo. Tentativas de alcanzar maior lonxevidade eran un tema frecuente na maxía e alquimia taoístas, con varios feitizos e pocións, aínda existentes, con ese propósito. Moitas versións antigas da medicina chinesa eran enraizadas no pensamento taoísta, e tanto a medicina chinesa moderna como as artes marciais chinesas son tamén de varios xeitos baseadas en conceptos taoístas, como o Tao, o Qi, e o equilibrio entre o Yin yang e o Yin yang.

Co tempo, a absoluta liberdade dos seguidores do taoísmo pareceu ameazadora á autoridade dalguns gobernantes, que incentivaron o crecimento de seitas máis comprometidas coas tradicións confucionistas. Unha igrexa taoísta formouse ao fin da dinastia Han, por Zhang Daoling. Moitas seitas evoluíron a través dos anos, mais a maioría traza as súas orixes a Zhan Daoding, e gran parte dos templos taoístas modernos pertence a unha ou outra desas seitas. As igrexas taoístas incorporan panteóns enteiros de divindades, incluindo Lao Tse, Zhang Daoling, o Imperador Amarelo, o Imperador Xade, Lei Gong (O Deus do Trebón) e outros. As dúas maiores igrexas taoístas da actualidade son a Seita Zhengyi (evoluída dunha seita fundada por Zhang Daoling) e o Taoísmo Canzhen (fundado por Wang Chongyang).

Taoísmo fóra da China

A filosofía taoísta é practicada en varias formas, noutros países alén da China. Kouk Sun Do na Corea é unha desas variacións.

A filosofía taoísta encontrou moitos seguidores arredor do mundo. Genghis Khan compartía á filosofía taoísta, e durante as primeiras décadas de dominación mongol, o taoísmo viu un período de expansión, entre os séculos XIII e XIV. Por iso, moitas escolas taoístas tradicionais manteñen centros de ensino en varios países arredor do mundo.

Vexa tamén

Ligazóns externas