Tanganica: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m engado a Categoría:Estados desaparecidos de África mediante HotCat |
||
Liña 74: | Liña 74: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Tanzania]] |
[[Categoría:Tanzania]] |
||
[[Categoría:Estados desaparecidos de África]] |
Revisión como estaba o 19 de decembro de 2020 ás 13:55
Modelo:País desaparecido Tanganica, Tanganika ou Tangañika (en inglés e suahili Tanganyka) foi un estado soberano da África Oriental, que levaba o nome do lago Tanganica, que conformaba a súa fronteira occidental. Tamén tiña fronteiras cos Grandes Lagos Africanos, á parte do de Tanganica, co de Vitoria e o Niassa, como tamén co océano Índico. Corresponde talmente coa zona continental da actual Tanzania.
Existiu entre 1961 e 1964. Primeiro independizouse do Reino Unido o 9 de decembro de 1961 como reino da Commonwealth de Nacións antes de converterse nunha república da Commonwealth of Nations un ano despois. Tras asinar os Artigos da Unión o 22 de abril de 1964 e a Acta da Unión o 25 de abril, Tanganica uniuse oficialmente coa República Popular de Zanzíbar e Pemba para formar a República Unida de Tanganica e Zanzibar no Día da Unión, o 26 abril de 1964.[1] O novo estado poñeríase o nome de República Unida de Tanzania pouco despois.[2]
Historia
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Anteriormente fora colonia alemá. A colonia de África Oriental Alemá foi adxudicada aos británicos coa firma do Tratado de Versalles trala Primeira Guerra Mundial, xa que non foi conquistada a Alemaña. O nome apareceu como Territorio baixo mandato das Tanganyika trala resolución da Sociedade de Nacións en 1922.
En 1946 converteuse nun territorio baixo fideicomiso de Nacións Unidas, tamén baixo control británico, e o 9 de decembro de 1961 accedeu á independencia. En 1964, uniuse coa illa de Zanzíbar para formar Tanzania (Tan fai referencia a Tanganyka, e zan a Zanzíbar).
Notas
- ↑ "United Republic of Tanzania; Union of Tanganyika and Zanzibar act, 1964".
- ↑ Katundu, Mangasini (August 2015). "Tanzania's Constitutional Reform Predicament and the Survival of the Tanganyika and Zanzibar Union". The Journal of Pan African Studies 8 (3).