Pablo Seoane: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Eliminouse a referencia ó ficheiro "24-09-11_MONTSERRAT_MERINO_Y_PABLO_SEOANE.webm" que foi borrado en Commons por Túrelio. Motivo: No license since 1 October 2020. NC-ND license
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:24-09-11 MONTSERRAT MERINO Y PABLO SEOANE.webm|500px|Pablo Seoane, pianista de jazz.]]

'''Pablo Seoane Rodríguez''', nado en [[Ferrol]] en [[1968]], é investigador, compositor e pianista dentro do ámbito do jazz, a improvisación e a música contemporánea. Filólogo, tradutor, graduado en filosofía e doutorando en filosofía da música.<ref>[https://www.womex.com/virtual/la_yogurtera_s_l/pablo_seoane_trio "Pablo Seoane"]{{en}}</ref>
'''Pablo Seoane Rodríguez''', nado en [[Ferrol]] en [[1968]], é investigador, compositor e pianista dentro do ámbito do jazz, a improvisación e a música contemporánea. Filólogo, tradutor, graduado en filosofía e doutorando en filosofía da música.<ref>[https://www.womex.com/virtual/la_yogurtera_s_l/pablo_seoane_trio "Pablo Seoane"]{{en}}</ref>



Revisión como estaba o 9 de outubro de 2020 ás 11:38

Pablo Seoane Rodríguez, nado en Ferrol en 1968, é investigador, compositor e pianista dentro do ámbito do jazz, a improvisación e a música contemporánea. Filólogo, tradutor, graduado en filosofía e doutorando en filosofía da música.[1]

Traxectoria

Pablo Seoane estuda música e filoloxía inglesa en Salamanca, A Coruña e Estados Unidos (Wake Forest, NC). Desde hai máis de quince anos desenvolve unha intensa actividade como pianista e compositor en distintas formacións, xeralmente vinculadas ao jazz e á improvisación libre. Ten composto música para teatro e levado a cabo tarefas docentes en diversas institucións.

Entre as súas últimas actividades figuran a xestión xunto a LAR Legido das jam-sessions semanais de improvisación libre no Café El Puente (Santiago de Compostela) e a dirección, en colaboración con Javier Turnes, duns multidisciplinares Encontros de Filosofía e Música ‘Pensar a voces’ que se celebraron en Cee desde 2012. Así como os grupos de improvisación "Pablo Seoane Trem",unha agrupación de formación de vangarda galega, coa base colaborativa da violinista Elena Vázquez Ledo e o contrabaixista Saúl Puga, "Lupercal", "Tripo" e "Machín not Workin´ Properly".

No ano 2006 dirixe o evento After Falou, Sar 40 no 2010 e La Bambola Malata (free pocket-opera no 2011). Presenta na conferencia en Música Contemporánea "Xornadas de Música Contemporanea de Compostela" do 2014 a peza "Festas do Erro".

Como doutorando en filosofía e musicólogo publica "Regla y tiempo real. Improvisación, interpretación y ontología de la obra musical" en Athenaica Edicións[2] no que interpreta a tradición e natureza da obra musical en termos similares a Vladimir Jankélévitch , como un contexto forzosamente improvisativo. Noutra banda adica estudos á arbitrariedade na gramática de Wittgenstein e a relación da mesma con certos rasgos musicais e coa propia creación artística.

Traduce ao galego a Guillaume Apollinaire , en O bestiario ou cortexo de Orfeo (Edicións Positivas, 2019) [3] e a Henry David Thoreau, en Desobediencia civil e Vida sen fundamentos (Edicións Positivas, 2002) [4]

Notas

Véxase tamén

L.A.R. Legido

Bibliografía

  • Ápeiron: estudios de filosofía, ISSN-e 2386-5326, Nº. 10, 2019 (Exemplar dedicado a: Wittgenstein, música e arquitectura), páxs. 75-89: Wittgenstein, gramáticas musicales y arbitrariedad.