Alfonso Feijoo García: Diferenzas entre revisións
Liña 48: | Liña 48: | ||
Como seleccionador nacional acadou o obxectivo de clasificar á [[selección de rugby de España]] para a [[Copa do Mundo de Rugby 1999]], a única na que ten participado España. Tamén adestrou ó [[Bera Bera Rugby Taldea]] co cal acadou o ascenso á máxima categoría e gañou a [[Copa do Rei de Rugby]] en [[2004]]. |
Como seleccionador nacional acadou o obxectivo de clasificar á [[selección de rugby de España]] para a [[Copa do Mundo de Rugby 1999]], a única na que ten participado España. Tamén adestrou ó [[Bera Bera Rugby Taldea]] co cal acadou o ascenso á máxima categoría e gañou a [[Copa do Rei de Rugby]] en [[2004]]. |
||
En [[2014]] foi elixido para ocupar a presidencia da [[Federación Española de Rugby]] nunha situación de profunda crise motivada polas débedas económicas herdadas da anterior xestión de [[Javier González Cancho]], sendo reelexido en [[2016]]. |
En [[2014]] foi elixido para ocupar a presidencia da [[Federación Española de Rugby]] nunha situación de profunda crise motivada polas débedas económicas herdadas da anterior xestión de [[Javier González Cancho]], sendo reelexido en [[2016]] e [[2020]]. |
||
==Datos persoais== |
==Datos persoais== |
Revisión como estaba o 24 de xullo de 2020 ás 21:47
Alfonso Feijoo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome completo | Alfonso Feijoo García | ||
Nacemento | 5 de xaneiro de 1953 (71 anos) | ||
Lugar | Donostia, España | ||
Posición | Centro/Apertura | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | ||
1970-1973 | Club Atlético San Sebastián | ||
1973-1978 | Club de Rugby Cisneros | ||
1978-1983 | Club Atlético San Sebastián | ||
Selección nacional | |||
1972-1979 | España | 23 caps |
Alfonso Feijoo García, nado en San Sebastián o 5 de xaneiro de 1953, é un xogador de rugby retirado, seleccionador español entre 1997 e 1999, e presidente da Federación Española de Rugby dende 2014.
Traxectoria
Na súa etapa de xogador defendeu as cores do Club Atlético San Sebastián, do Club de Rugby Cisneros e novamente do Club Atlético San Sebastián, acadando os títulos de liga nos anos 1970, 1976 e 1979. Tamén foi internacional 23 veces coa selección española. No campo ocupaba as posicións de apertura (10) ou primeiro centro (12).
Como seleccionador nacional acadou o obxectivo de clasificar á selección de rugby de España para a Copa do Mundo de Rugby 1999, a única na que ten participado España. Tamén adestrou ó Bera Bera Rugby Taldea co cal acadou o ascenso á máxima categoría e gañou a Copa do Rei de Rugby en 2004.
En 2014 foi elixido para ocupar a presidencia da Federación Española de Rugby nunha situación de profunda crise motivada polas débedas económicas herdadas da anterior xestión de Javier González Cancho, sendo reelexido en 2016 e 2020.
Datos persoais
O seu fillo é Pablo Feijoo Ugalde.
Véxase tamén
Outros artigos
- Alfonso Feijóo, nuevo presidente de la Federación Española, artigo de Marca. (en castelán)
- Dos cuñados y un destino, artigo de El Diario Vasco. (en castelán)