Xerundio: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Sen referencias|data=decembro de 2017}} |
{{Sen referencias|data=decembro de 2017}} |
||
O ''' |
O '''xerundio''' é unha [[formas infinitas|forma infinita]] do verbo, que ten un valor aspectual imperfectivo, isto é, presenta a acción na súa fase central, no seu desenvolvemento. Aínda que só presenta [[morfema de aspecto]], dialectalmente (en dúas parroquias do concello de [[Rianxo]]) e na linguaxe literaria pode presentar [[morfema de persoa e número]] na 1ª e 2ª persoa de plural, por exemplo: ''falándomos'' ou ''facéndodes''. |
||
== Valores == |
== Valores == |
Revisión como estaba o 3 de decembro de 2019 ás 08:20
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
O xerundio é unha forma infinita do verbo, que ten un valor aspectual imperfectivo, isto é, presenta a acción na súa fase central, no seu desenvolvemento. Aínda que só presenta morfema de aspecto, dialectalmente (en dúas parroquias do concello de Rianxo) e na linguaxe literaria pode presentar morfema de persoa e número na 1ª e 2ª persoa de plural, por exemplo: falándomos ou facéndodes.
Valores
Modalmente, a acción expresada pode ser real ou irreal:
- Tendo esa sorte, eu estaría contentísima
- Apurando moito, chegou á estación a tempo
Temporalmente a acción expresada pode ser:
- Anterior ao do verbo principal: Pensándoo antes, agora non terías que lamentarte
- Simultánea ao do verbo principal. É o máis frecuente: Chegaron cantando
- Posterior ao do verbo principal: É o caso máis raro e nestes casos a acción é inmeditamente posterior e coincidirán o suxeito dos dous verbos: En chegando á casa, atopeime con Ana
Por outra banda, as construcións de participio poden expresar os seguintes valores:
Anteposto ao verbo principal:
- Temporal: Chegando á casa, comezou a chover
- Condicional: Contándollo nós antes, non se decataría por terceiras persoas
- Causal: Nevando como neva, ninguén se vai arriscar a saír
- Concesivo: Aínda sendo unha muller tan ocupada, ten tempo para as súas amizades
Posposto ao verbo principal:
- Consecutivo: Houbo un accidente na entrada da cidade, provocando grandes retencións de tráfico