Antepretérito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O antepretérito de indicativo ou pluscuamperfecto[1] é un dos tempos verbais. Caracterízase por posuír vogal temática e un sufixo modo-temporal "ra".

O antepretérito de indicativo modalmente é real e indica un momento anterior a un referente anterior: cando cheguei á estación, xa marchara o autobús.

Valores do antepretérito de indicativo[editar | editar a fonte]

  • De cortesía: pode presentar tamén valores non reais referidos ó presente: quixera falar con vostede.
  • Estar presente en oracións desiderativas: o demo o levara!
  • Pode indicar unha acción que cumpría realizar no pasado. Tería un valor enfático: se non xantaches, xantaras.

Formas[editar | editar a fonte]

andara varrera partira
andaras varreras partiras
andara varrera partira
andaramos varreramos partiramos
andarades varrerades partirades
andaran varreran partiran

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pluscuamperfecto.