Futuro de indicativo
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
O futuro de indicativo é un dos tempos verbais. Caracterízase por, ademais de posuír vogal temática, por ter un sufixo modo-temporal "ré" ou "rá".
O futuro de indicativo é real en canto ó modo e prospectivo a partir dun momento presente.
Valores do futuro de indicativo[editar | editar a fonte]
- Probabilidade no presente: Coido que non se aviarán.
- Simple futuridade: Farei o exame agora (neste caso conmutable polo presente de indicativo por mor da presenza do adverbio).
- Futuridade e obrigatoriedade: Aprenderás a sufrir.
- Retrospectivo: pode indicar accións do pasado: Castelao morrerá exiliado en 1950
- Cortesía: en enunciados imperativos pode ter un valor atenuamente: Farasme este favor?
- Irónico: en contextos coloquiais con valor de negación: Estás moi convencida de conseguilo. Conseguirás
- Argumentativo: como recurso discursivo nunha argumentación referido ao momento da enunciación: Pensaredes que é un erro, mais vou demostrar que non
Formas[editar | editar a fonte]
andarei | varrerei | partirei |
andarás | varrerás | partirás |
andará | varrerá | partirá |
andaremos | varreremos | partiremos |
andaredes | varreredes | partiredes |
andarán | varrerán | partirán |