Presente de subxuntivo
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
O presente de subxuntivo é un dos tempos verbais. Caracterízase por, ademais de non posuír vogal temática, ter un sufixo modo-temporal "e" para a primeira conxugación, e "a" para a segunda e terceira conxugacións.
O presente de subxuntivo é unha forma caracterizada polo modo. Temporalmente é presente ou prospectiva, nunca retrospectiva; habitualmente é referente. Cando existe no contexto outro elemento que indique modalidade (adverbio, conxunción,...), o trazo modal do subxuntivo é redundante. Nestes casos, o trazo modal de subxuntivo é redundante, polo que pode aparecer no seu lugar o indicativo u o futuro: Quizais vén hoxe ∼ Quizais virá hoxe ∼ Quizais veña hoxe.
Valores do Presente de subxuntivo
[editar | editar a fonte]- Un dos usos máis habituais é o de mandato, especialmente nas secuencias negativas, pois non é posible nestas o emprego do imperativo: Vinde / non veñades.
- Hipótese: Posibelmente teñades razón
- Dúbida: Quizais non chegue hoxe
- Maldición: Mal raio o parta
- Desexo ou rogo: Queira o ceo que non sexa así
Formas
[editar | editar a fonte]ande | varra | parta |
andes | varras | partas |
ande | varra | parta |
andemos | varramos | partamos |
andedes | varrades | partades |
anden | varran | partan |