Guilhermina Suggia: Diferenzas entre revisións
Engado Modelo Biografía |
m Recoñecemento |
||
Liña 8: | Liña 8: | ||
== Retrato == |
== Retrato == |
||
Probablemente a imaxe máis famosa da Guilhermina Suggia é o retrato ao óleo realizado polo artista [[Gales|galés]] [[Augustus John]]. Este retrato foi comezado en 1920 e non se rematou ata 1923. Aparentemente Suggia está executando unha ''Suites para violoncello só'' de [[Johann Sebastian Bach]]. O retrato foi exhibido no instituto Carnegie de Pittsburg en 1924, sendo mercado por un estadounidense, pero logo foi regresado a Inglaterra e presentado na [[Tate Gallery]]. As medidas do retrato son 186x185 cm. |
Probablemente a imaxe máis famosa da Guilhermina Suggia é o retrato ao óleo realizado polo artista [[Gales|galés]] [[Augustus John]]. Este retrato foi comezado en 1920 e non se rematou ata 1923. Aparentemente Suggia está executando unha ''Suites para violoncello só'' de [[Johann Sebastian Bach]]. O retrato foi exhibido no instituto Carnegie de Pittsburg en 1924, sendo mercado por un estadounidense, pero logo foi regresado a Inglaterra e presentado na [[Tate Gallery]]. As medidas do retrato son 186x185 cm. |
||
== Recoñecemento == |
|||
A sala de concertos da Casa da Música do [[Porto, Portugal|Porto]] leva o seu nome.<ref>{{Cita novas|título=A muller que colocaba o instrumento entre as pernas, por Xoán Costa|url=https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/muller-colocaba-instrumento-pernas/20190705104720081587.html|xornal=Sermos Galiza|data-acceso=5 de xullo de 2019|lingua=|nome=Xoán|apelidos=Costa}}</ref> |
|||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
Revisión como estaba o 5 de xullo de 2019 ás 10:57
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia 27 de xuño de 1885 Porto (Reino de Portugal) |
Morte | 30 de xullo de 1950 (65 anos) Porto, Portugal |
Causa da morte | Morte natural (Cancro ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal Reino de Portugal |
Educación | Escola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy (pt) |
Actividade | |
Ocupación | violoncellista |
Período de actividade | 1895 - |
Xénero artístico | Música clásica |
Profesores | Julius Klengel (pt) e Pau Casals |
Lingua | Lingua portuguesa e lingua inglesa |
Instrumento | Violoncello |
Familia | |
Cónxuxe | José Casimiro Carteado Mena |
Parella | Pau Casals (1906–1912) |
Premios | |
Lista
|
Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia, nada en Porto o 27 de xuño de 1885 e finada na mesma cidade o 30 de xuño de 1950, foi unha violoncellista portuguesa.
Traxectoria
Estudou en Leipzig con Julius Klengel. Dende 1907 ata 1913 viviu e traballou en París co seu colega violoncellista Pau Casals, con quen non estivo casada como ás veces se afirma (o seu marido foi José Casimiro Carteado Mena, co que non tivo descendencia). A partir de 1914 desenvolveu unha carreira espectacular, sobre todo en Londres e Portugal. Visitou frecuentemente o castelo de Lindisfarne, onde hoxe se exhibe o seu violoncello en lembranza das tempadas que pasou alí. Deu o seu derradeiro concerto na Gran Bretaña no Festival de Edimburgo en 1949.
Retrato
Probablemente a imaxe máis famosa da Guilhermina Suggia é o retrato ao óleo realizado polo artista galés Augustus John. Este retrato foi comezado en 1920 e non se rematou ata 1923. Aparentemente Suggia está executando unha Suites para violoncello só de Johann Sebastian Bach. O retrato foi exhibido no instituto Carnegie de Pittsburg en 1924, sendo mercado por un estadounidense, pero logo foi regresado a Inglaterra e presentado na Tate Gallery. As medidas do retrato son 186x185 cm.
Recoñecemento
A sala de concertos da Casa da Música do Porto leva o seu nome.[1]
- ↑ Costa, Xoán. "A muller que colocaba o instrumento entre as pernas, por Xoán Costa". Sermos Galiza. Consultado o 5 de xullo de 2019.