Guerra civil española: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m image
Liña 1: Liña 1:
[[Image:Terualsiege.jpg|300px|right|thumb|Soldado republicano buscando cobertura na praza de touros de Teruel]]
[[Image:Image:Development of the Spanish Civil War fronts.jpg|right|thumb|desarrollo de a Guerra Civil Española ]]
A '''guerra civil española''' desenvolveuse tralo [[pronunciamento]] militar do xeneral [[Emilio Mola]] encabezado polo xeneral [[José Sanjurjo]] e secundado polo xeneral [[Francisco Franco Bahamonde]] o [[17 de xullo]] de [[1936]], entre o bando republicano gobernante (baixo a presidencia de [[Manuel Azaña]]) e o bando nacional.
A '''guerra civil española''' desenvolveuse tralo [[pronunciamento]] militar do xeneral [[Emilio Mola]] encabezado polo xeneral [[José Sanjurjo]] e secundado polo xeneral [[Francisco Franco Bahamonde]] o [[17 de xullo]] de [[1936]], entre o bando republicano gobernante (baixo a presidencia de [[Manuel Azaña]]) e o bando nacional.



Revisión como estaba o 21 de outubro de 2007 ás 16:44

Ficheiro:Image:Development of the Spanish Civil War fronts.jpg
desarrollo de a Guerra Civil Española

A guerra civil española desenvolveuse tralo pronunciamento militar do xeneral Emilio Mola encabezado polo xeneral José Sanjurjo e secundado polo xeneral Francisco Franco Bahamonde o 17 de xullo de 1936, entre o bando republicano gobernante (baixo a presidencia de Manuel Azaña) e o bando nacional.

Preparativos

A conspiración contra a República comezou no mesmo momento no que se deu a coñecer o pacto dos partidos da esquerda para formaren a Fronte Popular que había concorrer ás eleccións do 16 de febreiro, formouse unha xunta de xenerais encabezada por Manuel Goded e tras o triunfo da Fronte Popular os rumores de golpe de Estado percorreron as rúas madrileñas mentres os militares presionaban sobre o presidente do goberno en funcións Manuel Portela Valladares para que declarase o estado de guerra, Portela sen chegar a declaralo dimitiu o 19 de febreiro, formando Azaña un novo goberno que envía aos militares que máis se destacaran na conxura fóra de Madrid, Franco a Canarias, Goded a Mallorca e Mola a Pamplona. O 9 de marzo nunha xuntanza en Madrid na que participaron entre outros Franco, Mola, Orgaz, Fanjul e Valentín Galarza acordan comezar os preparativos para unha sublevación militar e dar a xefatura do movemento a José Sanjurjo, Mola enviado a Pamplona, convértese no verdadeiro reitor da conspiración, crea unha rede de axentes para preparala, entre os que salienta Queipo de Llano, inspector dos carabineiros, e conecta cos carlistas que estaban preparando a súa propia insurrección para a que crearan unha Xunta Suprema Militar Carlista e Franco tras unha entrevista con José Antonio Primo de Rivera asegurábase a participación da Falanxe Española vital para crear un clima de inestabilidade antes da sublevación.

Comezo

No principio do alzamento, España viuse dividida en dúas zonas segundo a facción que tiña o control: a republicana, principalmente no levante, fiel á II República española, e a nacional no occidente, constituída polos partidarios do golpe de estado. Tras cinco días, o protectorado en Marrocos, Canarias, Baleares, Galicia, Logroño, Aragón e Navarra enfrontábanse a Asturias, Cantabria, Euskadi, (nas súas maiores cidades, non no rural) Menorca, Cataluña, Andalucía e Murcia. Os pretextos do bando sublevado foron o desgoberno e os resultados dos partidos da esquerda (coligados no partido chamado Frente Popular) nas eleccións de maio de 1936, que achegaban o risco dunha revolución social comunista e a ruptura da unidade española por mor dos estatutos de autonomía; pero, en realidade, o alzamento resulta ser consecuencia dunha tensión social -a das dúas Españas- entre a parte conservadora do país (Falanxe e Igrexa católica), que ía indefectiblemente perdendo os seus privilexios, e a toma do poder por parte da esquerda (nacionalistas, comunistas e anarquistas).

Bandos

Co inicio da guerra, España quedou dividida en dúas zonas: O bando republicano, tamén chamado bando leal ou, polos sublevados "Bando roxo"; e o bando sublevado, tamén chamado bando franquista, fascista e "nacional".

O bando republicano

Mapa de España ós dous meses do inicio da guerra
  • Segunda República Española (véase tamén Exército Popular): No bando republicano ficaron os partidos que apoiaban á Fronte Popular, xeralmente de esquerdas. Permaneceu neste bando a esquerda comunista (PCE, POUM), os anarquistas (CNT, FAI), os republicanos de esquerda, os nacionalistas galegos (PG, ORGA), cataláns (ERC, Lliga Regionalista de Catalunya) e vascos (PNV, ANV) así como numerosos grupos de centro-dereita de corte liberal, progresista e antimonárquicos. Aínda que se ten sinalado o papel da Igrexa no bando sublevado, o certo é que nos dous bandos había católicos: os nacionalistas vascos eran maioritariamente católicos, e católico-practicantes mesmo xenerais como Antonio Escobar ou Vicente Rojo. Tamén son sinalables os casos do Cardeal Vidal i Barraquer e o nuncio apostólico Tedeschini, que apoiaban ambos ó bando republicano.

Milicias: As milicias foron tropas de voluntarios de diferentes sindicatos e partidos políticos que loitaron xunto ás tropas regulares da República.

  • Eusko Gudarostea: O Goberno vasco, nacionalistas aliados ó bando republicano, creou a Marina Auxiliar de Euskadi, baixo o mando de Joaquín Egia, con algúns bous armados (catro bacaladeros con cañóns de 101,6 mm), nove bous en misión de dragaminas e ata 24 pesqueiros pequenos máis como dragaminas costeiros ou de porto. Estas unidades do goberno nacionalista vasco, a diferencia das unidades aliadas republicanas, amosaban un alto grao de preparación e espírito combativo, interceptando mercantes alemáns con cargamento para os franquistas e chegando a enfrontarse ó «Velasco» o 15 de novembro de 1936. Tamén foi destacado o papel das milicias vascas de terra, que organizaron o chamado "cinturón de ferro" en torno a Bilbao, que freou o avance das tropas rebeldes durante moito tempo.

Participación estranxeira:

  • Unión Soviética: Aportou asesores militares, e incluso oficiais de mariña para mandar algúns submarinos republicanos. A Unión Soviética vendeu á República armas, vehículos e material. Foron 1.000 avións, 331 carros de combate, 1.500 pezas de artillería, algún cento de camións blindados, centos de milleiros de armas lixeiras e 30.000 toneladas de munición. A República pagouno coas reservas de ouro do Banco de España, gastando uns 500 millóns de dólares americanos. Hai que ter en conta que, entón, España posuía a cuarta reserva de ouro máis grande do mundo, cun valor aproximado de 750 millóns de dólares. Algúns teñen condenado á URSS de abusar da precaria situación republicana para venderlles armas a prezos excesivos, pero o certo é que os soviéticos tamén enviaron moitos asesores militares, os cales participaron activamente, incluso nos combates.
  • Francia: Facilitou ó comezo da guerra, e ata o Pacto de Non-Intervención, avións, pilotos e armas polos que cobrou preto de 150 millóns de dólares. Non obstante, aínda que deixou de axudar trala sinatura do pacto, seguiu mostrando simpatía cara a República e numerosos franceses alistáronse nas Brigadas Internacionais.
  • México: Apoiou a causa republicana fornecendo ás forzas leais de rifles e comida. Tamén realizou unha grande tarefa trala guerra axudando ós exiliados (baste recordar o caso de Manuel Azaña protexido até a súa morte polo goberno mexicano).

O bando franquista

  • España franquista: No bando sublevado o apoio era basicamente rural e burgués, máis conservador e relixioso. Sobre todo foron aquelas clases máis ou menos privilexiadas até entón, (burgueses, aristócratas, moitos militares, parte da xerarquía eclesiástica, terratenentes ou pequenos labradores propietarios...) que trala vitoria da Frente Popular vían perigar a súa posición ou consideraban que a unidade de España estaba en perigo. Sumáronse a este bando os partidos da CEDA (aínda que moitos deles arrepentíronse máis tarde), os falanxistas e os membros das JONS, e a maioría do exército de terra. A maioría do exército de aire e de mar permaneceron leais á República.

Participación estranxeira:

  • Italia: Enviou a España ó Corpo Truppe Volontarie (140.000 soldados) con máis de 7.600 vehículos e a Aviación Lexionaria (758 avións e pilotos). Axudou ó bloqueo do armamento enviado dende a URSS a España con accións puntuais da súa propia Armada. Aportou case sesenta «submarinos lexionarios» á flota de Franco --non todos simultanemaente-- e vendeulle catro destrutores e dous submarinos.
  • Portugal: Axudou con tropas de voluntarios e permitindo o paso de subministros alemáns polos seus portos.
  • Irlanda: Enviou un corpo de voluntarios chamados os "Camisas azuis irlandeses" baixo o mando do xeneral Eoin O'Duffy, aínda que cómpre sinalar que houbo incluso máis irlandeses que se uniron ás Brigadas Internacionais.

Evolución

A guerra estaba a ser gañada polo bando rebelde, capitaneado cada vez máis polo xeneral Franco, fronte á facción republicana (con Manuel Azaña como presidente da II República española, e Francisco Largo Caballero e logo Juan Negrín como xefes do goberno). No entanto, ningún bando cría nas súas posibilidades de vitoria e buscaron apoios no exterior. A Alemaña nazi e a Italia de Benito Mussolini colaboraron co bando sublevado, mentres que ós republicanos lles chegaron axudas da URSS e das Brigadas Internacionais, combatentes estranxeiros (uns 60.000) de diversas partes do mundo organizados polo Comintern.

Principais episodios:

Remate

Parte de guerra asinado por Francisco Franco anunciando a fin da guerra

A guerra terminou o 1 de abril de 1939 tras unha carnicería de máis de medio millón de vítimas (sen contar mortos indirectos de fame ou enfermidades). Tanto na propia guerra coma nos anos posteriores, os poderes non dubidaron en utilizar a poboación segundo os seus intereses políticos: a represión trala vitoria franquista levaría a moitos españois ó exilio ou ó fusilamento, tras uns anos de loita de guerrilla (termo que se estendeu internacionalmente para designar a utilización de escaramuzas por parte de exércitos non regulares). Coa fin da guerra, instaurouse un goberno ditatorial de corte fascista que rexería os destinos dos españois ata pouco despois da morte de Franco en 1975.

Consecuencias

Esta guerra foi un ensaio das armas que se utilizarían despois na II Guerra mundial. A estrutura política de gran parte de Europa escorou cara ó fascismo e o comunismo, mentres que en España comezou unha época de rescisión das liberdades e represión de todo aquilo que se afastase da liña política do réxime.

Ligazóns externas

Véxase tamén

Referencias bibliográficas

Todas estas obras están escritas en portugués, en galego ou en Galicia por editoriais galegas. Como se pode ver, título ten unha certa tendencia a ter subtítulo, como por outra parte é habitual nas obras de ensaio histórico. Tamén se pode comprobar o esforzo en particular da casa editora Edicións do Castro de Sada, debido a que ten unha colección específica de recuperación da memoria histórica, chamada Documentos e que vai xa polo número 191. Esta lista extracta os títulos máis evidentes da colección, os que levan a secuencia "Guerra Civil" no seu título. Hai outros moitos máis con títulos referentes ó "Alzamento" ou á "Represión". Para ver un listado completo, véxase o artigo relativo a esta colección onde se listan todos.

  • Xesús Alonso Montero, Miro Villar (1999) Guerra Civil (1936-1939) e literatura galega. (Textos e documentos para unhas xornadas de estudio e debate) Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega. ISBN 84-95415-00-3
  • Carlos Fernández Santander (2000) Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (1936-1939). Tomo I e II Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-952-0
  • Isabel Ríos (1998) Testimonio de la Guerra Civil(3ª edición) Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-294-1
  • Emilio Grandío Seoane (2001) Vixiancia e represión na Galicia da guerra civil. "Informe Brandariz" (A Coruña, 1937) Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-017-X
  • Emilio González López (1990) Memorias de un Diputado republicano en la Guerra Civil española(1936-1939) Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-479-0
  • Xosé Manuel Suárez (2002) Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol en tempo de Historia: recuperación da nosa memoria histórica Ferrol. Concello de Ferrol. ISBN 84-88991-19-3
  • Carlos Fernández Santander (2002) El exilio gallego de la guerra civil(en español) Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-083-8
  • Alfonso Santos Alfonso (2003) La guerra civil en Lugo años 1937, 1938 y 1939 Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-106-0
  • Coordenação de Fernando Rosas (1998) Portugal e a Guerra Civil en Espanha Lisboa. Edições Colibri / Instituto de História Contemporânea da F.C.S.H.. ISBN 972-772-016-1
  • José Viale Moutinho No Pasarán! Cenas e cenários da Guerra Civil de Espanha Lisboa. Editorial Notícias, 1999 (2ª e. ISBN 972-46-0958-8"