Triforio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 27: Liña 27:


=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://encyclopedia.jrank.org/TOO_TUM/TRIFORIUM.html Triforio na Enciclopedia Británica (en)]
* [https://web.archive.org/web/20170116162010/http://encyclopedia.jrank.org/TOO_TUM/TRIFORIUM.html Triforio na Enciclopedia Británica (en)]
* [http://www.pitt.edu/~medart/menuglossary/triforium.htm Triforio en Glossary of Medieval Art and Architecture (en)]
* [http://www.pitt.edu/~medart/menuglossary/triforium.htm Triforio en Glossary of Medieval Art and Architecture (en)]
{{Elementos da arquitectura eclesiástica}}
{{Elementos da arquitectura eclesiástica}}

Revisión como estaba o 12 de abril de 2019 ás 12:49

Bosquexo da Catedral de Saint Denis onde se pode ver o seu triforio e a estreita galería posterior.

O triforio (palabra que provén de triforium[1], en latín medieval) é un elemento arquitectónico característico da arquitectura gótica. Está situado enriba das arcadas das naves laterais dunha igrexa ou dunha catedral e consiste nun paso estreito que mira cara á nave central mediante unha liña de vans, normalmente xeminados, abertos no groso dos muros[1]. O conxunto deses vans ou aberturas leva o nome de triforio[2].

Non debe confundirse coa tribuna, que é un corredor cuxa anchura coincide coa da nave lateral sobre a que está construída e pretende ampliar a capacidade da igrexa; mentres que o triforio é estreito e, orixinalmente, non tiña unha función clara, pero ao ser un paso estreito que permite a circulación dunha persoa, facilita que se poida usar para facer o mantemento das partes elevadas da construción[3]. Co tempo, a función principal dos triforios foi a de facilitar a entrada de luz á nave central, aínda que tamén os había cegos. Cando coinciden tribuna e triforio, aquela constitúe o segundo piso, sendo o triforio o terceiro.

Nas catedrais situadas en rutas de peregrinación como o Camiño de Santiago, adoitaban ter a función de ser os lugares onde albergar aos peregrinos.

Galería

Notas

  1. 1,0 1,1 Lajo Pérez, Rosina (1990). Léxico de arte. Akal. p. 204. ISBN 978-84-460-0924-5. 
  2. Fullana, M. (1988). Diccionario del arte y los oficios de la construcción (5ª ed.). Palma de Mallorca: Muelle. ISBN 84-273-0372-6. 
  3. Bideault, Maryse. "Triforium, en Enciclopedia Británica [en liña]". Consultado o 14-01-2017. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Michel Lheure, Le triforium. Construction et fonctions (XIe-XVIe siècle), Paris, Picard, 2012, 172 p., ill. (ISBN 978-2-7084-0905-7)

Ligazóns externas