Hugonotes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
→‎Historia: Corrección ortográfica
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
Liña 5: Liña 5:
Un dos primeiros organizadores da reforma foi o propio [[Xoán Calvino]] quen dedicou a súa obra fundamental ''A Institución da Relixión Cristiá'' a [[Francisco I de Francia]]. Consecuentemente, os hugonotes crían na salvación por pura [[Graza]], sen mérito por parte do redimido, na autoridade única da [[Biblia]], rexeitaban a Tradición e ás dignidades e ordes eclesiásticas e practicaban unha moral rigorosa fronte o que consideraban unha relaxación dos costumes por parte da [[Igrexa Católica]]. O desenvolvemento destas ideas tivo lugar no Sínodo de París en [[1559]] e foron presentadas a [[Francisco II de Francia]].

O avance das novas crenzas callou entre burgueses e algúns nobres e as consecuencias non tardaron en chegar. O ''asunto dos cartaces'' (''affaire des placards'') aldraxando a [[eucaristía]] católica e que chegou á propia cámara real acabou coa protección do católico Francisco I en [[1534]]. Este considerou a acción como un delito de lesa maxestade. As represións por parte da monarquía foron moi duras e se prolongaron no tempo con incidentes que derivaron en sanguentos episodios. Salientou a [[matanza do día de San Bartolomeu]] que se espallou por [[París]], [[Tolosa, Francia|Tolosa]], [[Orleáns]], [[Ruán]], [[Bourges]].
O avance das novas crenzas callou entre burgueses e algúns nobres e as consecuencias non tardaron en chegar. O ''asunto dos cartaces'' (''affaire des placards'') aldraxando a [[eucaristía]] católica e que chegou á propia cámara real acabou coa protección do católico Francisco I en [[1534]]. Este considerou a acción como un delito de lesa maxestade. As represións por parte da monarquía foron moi duras e prolongáronse no tempo con incidentes que derivaron en sanguentos episodios. Salientou a [[matanza do día de San Bartolomeu]] que se espallou por [[París]], [[Tolosa, Francia|Tolosa]], [[Orleáns]], [[Ruán]], [[Bourges]].

O célebre hugonote Henrique de Navarra, pasaríase ao catolicismo para acceder a coroa como [[Henrique IV de Francia]]. Este rei conseguiría acougar os ánimos mediante o [[Edicto de Nantes]] que garantía a liberdade relixiosa. Os hugonotes dominaron cidades e importantes prazas fortes, chegando a constituír un estado protestante dentro do Reino que recibía apoio de potencias estranxeiras.

Liña 12: Liña 12:

A marxinación non rematou ata [[1787]] co [[Edicto de Tolerancia]] de [[Luís XVI de Francia]].
A marxinación non rematou ata [[1787]] co [[Edicto de Tolerancia]] de [[Luís XVI de Francia]].

== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref}}

Revisión como estaba o 9 de abril de 2019 ás 15:20

O masacre de San Bartolomeu de Duvois

Hugonotes foi o nome que recibiron os protestantes calvinistas no Reino de Francia dende os primeiros anos da Reforma nese país.[1][2][3]

Historia

Un dos primeiros organizadores da reforma foi o propio Xoán Calvino quen dedicou a súa obra fundamental A Institución da Relixión Cristiá a Francisco I de Francia. Consecuentemente, os hugonotes crían na salvación por pura Graza, sen mérito por parte do redimido, na autoridade única da Biblia, rexeitaban a Tradición e ás dignidades e ordes eclesiásticas e practicaban unha moral rigorosa fronte o que consideraban unha relaxación dos costumes por parte da Igrexa Católica. O desenvolvemento destas ideas tivo lugar no Sínodo de París en 1559 e foron presentadas a Francisco II de Francia.

O avance das novas crenzas callou entre burgueses e algúns nobres e as consecuencias non tardaron en chegar. O asunto dos cartaces (affaire des placards) aldraxando a eucaristía católica e que chegou á propia cámara real acabou coa protección do católico Francisco I en 1534. Este considerou a acción como un delito de lesa maxestade. As represións por parte da monarquía foron moi duras e prolongáronse no tempo con incidentes que derivaron en sanguentos episodios. Salientou a matanza do día de San Bartolomeu que se espallou por París, Tolosa, Orleáns, Ruán, Bourges.

O célebre hugonote Henrique de Navarra, pasaríase ao catolicismo para acceder a coroa como Henrique IV de Francia. Este rei conseguiría acougar os ánimos mediante o Edicto de Nantes que garantía a liberdade relixiosa. Os hugonotes dominaron cidades e importantes prazas fortes, chegando a constituír un estado protestante dentro do Reino que recibía apoio de potencias estranxeiras.

O Cardeal Richelieu, combateu o poder político dos hugonotes ripándolles, mediante importantes accións armadas, enclaves como La Rochelle 1628), pero respectou a liberdade de culto. Luís XIV de Francia, revogou o Edicto de Nantes en 1685 mediante o Edicto de Fontainebleau e extremou a represión. A monarquía absoluta os considerou un corpo estraño a extirpar provocando un masivo exilio a Europa Central, as Illas Británicas, África do sur e Norteamérica.

A marxinación non rematou ata 1787 co Edicto de Tolerancia de Luís XVI de Francia.

Notas

  1. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Galaxia. p. 673. ISBN 9788482893419. 
  2. Britannica Student Encyclopedia. Encyclopedia Britannica, Inc. 2014. p. 92. ISBN 9781625131720. 
  3. Parrinder, Geoffrey (2008). Breve enciclopedia del cristianismo. Ediciones AKAL. p. 162. ISBN 9788470904066. 

Véxase tamén