Colexio dos xesuítas de Camposancos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Coordenadas|41|53|19.1|N|8|51|3.48|W|display=title}}
{{Coordenadas|41|53|19.1|N|8|51|3.48|W|display=title}}
[[Ficheiro:Colegio del Apóstol Santiago en Camposancos.jpg|miniatura|300px|O colexio nun gravado publicado en ''[[La Ilustración Gallega y Asturiana]]'' o 28/2/1881.]]

O '''Colexio Apóstolo Santiago''' dos [[Padres Xesuítas]], na [[A Pasaxe, Camposancos, A Guarda|Pasaxe]] ([[Camposancos, A Guarda|Camposancos]], [[A Guarda]]) hoxe en [[ruína]]s, foi xermolo das [[universidade]]s de [[Universidade de Deusto|Deusto]] e [[Universidade de Comillas|Comillas]].
O '''Colexio Apóstolo Santiago''' dos [[Padres Xesuítas]], na [[A Pasaxe, Camposancos, A Guarda|Pasaxe]] ([[Camposancos, A Guarda|Camposancos]], [[A Guarda]]) hoxe en [[ruína]]s, foi xermolo das [[universidade]]s de [[Universidade de Deusto|Deusto]] e [[Universidade de Comillas|Comillas]].


Liña 16: Liña 16:
[[Ficheiro:Colexio dos xesuítas de Camposancos.JPG|miniatura|Colexio en ruínas, en 2011.]]
[[Ficheiro:Colexio dos xesuítas de Camposancos.JPG|miniatura|Colexio en ruínas, en 2011.]]
=== Tralo abandono ===
=== Tralo abandono ===
No ano 2007 estreouse o [[documental]] ''Memorial de Camposancos'', de José Ballesta de Diego ([[Vigo]], 1964), que conta a historia do centro.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/05/03/5772333.shtml "El Mathaussen de A Guarda tiene su propia película"]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} ''[[La Voz de Galicia]]'' 3/5/2007 {{Es}}.</ref><ref>[http://culturagalega.org/noticia.php?id=9382 ''A Axencia Audiovisual Galega leva a Berlín un documental sobre a represión da Guerra Civil''] [[CCG]].</ref>
No ano 2007 estreouse o [[documental]] ''Memorial de Camposancos'', de José Ballesta de Diego ([[Vigo]], 1964), que conta a historia do centro.<ref>[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2007/05/03/mathaussen-guarda-propia-pelicula/0003_5772333.htm "El Mathaussen de A Guarda tiene su propia película"] ''[[La Voz de Galicia]]'' 3/5/2007 {{Es}}.</ref><ref>[http://culturagalega.org/noticia.php?id=9382 ''A Axencia Audiovisual Galega leva a Berlín un documental sobre a represión da Guerra Civil''] [[CCG]].</ref>


Dada a súa privilexiada posición na foz do Miño, houbo un proxecto dunha construtora propiedade do ex-futbolista [[Valery Karpin]], para converter o edificio nun complexo turístico de luxo.<ref name="CPSM"/>
Dada a súa privilexiada posición na foz do Miño, houbo un proxecto dunha construtora propiedade do ex-futbolista [[Valery Karpin]], para converter o edificio nun complexo turístico de luxo.<ref name="CPSM"/>

Revisión como estaba o 27 de setembro de 2018 ás 21:39

Coordenadas: 41°53′19.1″N 8°51′3.48″O / 41.888639, -8.8509667

O colexio nun gravado publicado en La Ilustración Gallega y Asturiana o 28/2/1881.

O Colexio Apóstolo Santiago dos Padres Xesuítas, na Pasaxe (Camposancos, A Guarda) hoxe en ruínas, foi xermolo das universidades de Deusto e Comillas.

Historia

Situado á beira do Río Miño, preto da desembocadura, foi fundado en 1875. Por primeira vez en España, os xesuítas intentaban instituír unha universidade privada. O colexio chegou a contar cun prestixio enorme ata o punto que del xurdiron dúas notables institucións como a Universidade de Deusto e a Universidade Pontificia de Comillas. Entre os profesores máis destacados estivo Baltasar Merino e entre os alumnos avantaxados que saíron do colexio están o político pontevedrés Manuel Portela Valladares, que chegaría a ser ministro e presidente do goberno coa república; José María Montenegro Soto; Ramón María Aller; Xosé Franco Montes; Antón Losada Diéguez, Alejo Diz Jurado, Javier Bugallal Pérez de Castro; Manoel de Oliveira ou Javier Ozores Pedrosa.

En 1916 os ocupantes trasládanse a Vigo e ceden as instalacións a xesuítas portugueses, procedentes dun colexio de Lisboa, porén baixo o mandato da Segunda República a orde dos xesuítas foi expulsada e o centro pasou a ser un sanatorio.

Campo de concentración

O recinto, convertido en hospital, empregouse, entre 1938 e 1941, durante a Guerra Civil Española e a posguerra, como campo de concentración e acolleu prisioneiros políticos e combatentes do exército republicano.[1] Habilitado como centro de reclusión a finais de 1937, chegou a estar ocupado, en 1938, por 1 066 reos, cando a capacidade (segundo informe oficial do réxime franquista) era de 868 presos. As fontes diverxen en torno a poboación reclusa que pasou por el, pero oscila entre os 2 000 e os 3 000 presos.

En 1943 volveu ser un centro de ensino dos xesuítas, aínda que non retornou ó esplendor anterior e pechou as aulas en 1959.

Colexio en ruínas, en 2011.

Tralo abandono

No ano 2007 estreouse o documental Memorial de Camposancos, de José Ballesta de Diego (Vigo, 1964), que conta a historia do centro.[2][3]

Dada a súa privilexiada posición na foz do Miño, houbo un proxecto dunha construtora propiedade do ex-futbolista Valery Karpin, para converter o edificio nun complexo turístico de luxo.[1]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas