Alejo Diz Jurado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alejo Diz Jurado
Alejo Diz Jurado.jpg
Nacemento23 de setembro de 1885
 Tui
Falecemento30 de outubro de 1936
 Tui
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Alejo Diz Jurado, nado en Tui o 23 de setembro de 1885 e finado na mesma vila o 30 de outubro de 1936, foi médico e político galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dos comerciantes Ignacio e Gerarda, estudou no Colexio dos xesuítas de Camposancos, na Guarda. Fixo medicina na Universidade de Santiago de Compostela e casou, en 1915, con Concepción Rodríguez Caballero, coa que tivo seis fillos. Foi alcalde de Tui entre 1918 e 1922. Foi o primeiro alcalde republicano da vila. Afiliouse a Izquierda Republicana. En 1934 estivo en Dinamarca para investigar os sistemas de aseguramento sanitario en Centroeuropa e así valorar as posibilidades de implantación en España.[2] Fundou e dirixiu o efémero semanario político satírico La Tetera,[3] no que asinaba co pseudónimo Criticón B.[1] Con este mesmo pseudónimo asinou as crónicas "De una ciudad del Miño", publicadas en La Raza de Pontevedra.

Vodas de prata da promoción de Medicina de 1907.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado o 13 de outubro de 1936 en Vigo, en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Fusilárono o 30 do mesmo mes, xunto á Alameda de Tui con Darío Álvarez Limeses.[3]


Predecesor:
Servando Albuerne Menéndez-Conde
 Escudo de Tui.svg
Alcalde de Tui
 
1918 - 1922
Sucesor:
Venancio Lorenzo Álvarez
Predecesor:
Francisco Baquero Pérez
 Escudo de Tui.svg
Alcalde de Tui
 
1931
Sucesor:
Benito Pérez Álvarez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bugarín González, Rosendo e Bugarín Diz, Carmen (2015). "Alejo Diz Jurado, médico tudense, impulsor do seguro de enfermidade" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 21: 74–76. 
  2. "Para estudiar la implantación del seguro de socorro por enfermedad" La Vanguardia, 12/7/1934 (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Álvarez Blázquez, Darío (2005). "Diz jurado, Alejo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]