Hugonotes: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Francois_Dubois_001.jpg|miniatura|200px|O masacre de San Bartolomeu de Duvois]] |
[[Ficheiro:Francois_Dubois_001.jpg|miniatura|200px|O masacre de San Bartolomeu de Duvois]] |
||
'''Hugonotes''' foi o nome que recibiron os protestantes calvinistas no Reino de [[Francia]] dende os primeiros anos da Reforma nese país.<ref>{{cita libro |título=Gran dicionario século 21 da lingua galega |páxina=673 |nome=María Cruz |apelidos=López Martínez |editorial=Galaxia |ano=2005 |isbn=9788482893419}}</ref> |
'''Hugonotes''' foi o nome que recibiron os protestantes calvinistas no Reino de [[Francia]] dende os primeiros anos da Reforma nese país.<ref>{{cita libro |título=Gran dicionario século 21 da lingua galega |páxina=673 |nome=María Cruz |apelidos=López Martínez |editorial=Galaxia |ano=2005 |isbn=9788482893419}}</ref><ref>{{cita libro |páxina=92 |título=Britannica Student Encyclopedia |editorial=Encyclopedia Britannica, Inc. |ano=2014 |isbn=9781625131720}}</ref> |
||
==Historia== |
==Historia== |
Revisión como estaba o 20 de setembro de 2018 ás 12:01
Hugonotes foi o nome que recibiron os protestantes calvinistas no Reino de Francia dende os primeiros anos da Reforma nese país.[1][2]
Historia
Un dos primeiros organizadores da reforma foi o propio Xoán Calvino quen dedicou a súa obra fundamental A Institución da Relixión Cristiá a Francisco I de Francia. Consecuentemente, os hugonotes crían na salvación por pura Graza, sen mérito por parte do redimido, na autoridade única da Biblia, rexeitaban a Tradición e ás dignidades e ordes eclesiásticas e practicaban unha moral rigorosa fronte o que consideraban unha relaxación dos costumes por parte da Igrexa Católica. O desenvolvemento destas ideas tivo lugar no Sínodo de París en 1559 e foron presentadas a Francisco II de Francia.
O avance das novas crenzas callou entre burgueses e algúns nobres e as consecuencias non tardaron en chegar. O asunto dos cartaces (affaire des placards) aldraxando a eucaristía católica e que chegou á propia cámara real acabou coa protección do católico Francisco I en 1534. Este considerou a acción como un delito de lesa maxestade. As represións por parte da monarquía foron moi duras e se prolongaron no tempo con incidentes que derivaron en sanguentos episodios. Salientou a matanza do día de San Bartolomeu que se espallou por París, Tolosa, Orleáns, Ruán, Bourges.
O célebre hugonote Henrique de Navarra, pasaríase ao catolicismo para acceder a coroa como Henrique IV de Francia. Este rei conseguiría acougar os ánimos mediante o Edicto de Nantes que garantía a liberdade relixiosa. Os hugonotes dominaron cidades e importantes prazas fortes, chegando a constituír un estado protestante dentro do Reino que recibía apoio de potencias estranxeiras.
O Cardeal Richelieu, combateu o poder político dos hugonotes ripándolles, mediante importantes accións armadas, enclaves como La Rochelle 1628), pero respectou a liberdade de culto. Luís XIV de Francia, revogou o Edicto de Nantes en 1685 mediante o Edicto de Fontainebleau e extremou a represión. A monarquía absoluta os considerou un corpo estraño a extirpar provocando un masivo exilio a Europa Central, as Illas Británicas, África do sur e Norteamérica.
A marxinación non rematou ata 1787 co Edicto de Tolerancia de Luís XVI de Francia.
Notas
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Galaxia. p. 673. ISBN 9788482893419.
- ↑ Britannica Student Encyclopedia. Encyclopedia Britannica, Inc. 2014. p. 92. ISBN 9781625131720.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hugonotes |