Diferenzas entre revisións de «Cloroplasto»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
→‎Orixe evolutiva: Arranxos varios, removed: |deadurl=no (2) using AWB
(Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
m (→‎Orixe evolutiva: Arranxos varios, removed: |deadurl=no (2) using AWB)
Os cloroplastos son un dos varios orgánulos que se considera que se orixinaron a partir de [[cianobacteria]]s por medio dun proceso de [[endosimbiose]] con outras células. O primeiro en suxerilo foi [[Konstantin Mereschkowski|Mereschkowsky]] en 1905<ref>{{Cita publicación periódica | author= Mereschkowsky C | título= Über Natur und Ursprung der Chromatophoren im Pflanzenreiche | journal= Biol Centralbl | year=1905 | volume=25 | pages=593–604}}</ref> despois de coñecer os traballos de [[Andreas Franz Wilhelm Schimper|Schimper]] de 1883, nos que se sinalaba o parecido entre cianobacterias e cloroplastos.<ref>{{Cita publicación periódica | author= Schimper AFW | título= Über die Entwicklung der Chlorophyllkörner und Farbkörper | journal= Bot. Zeitung | year=1883 | volume=41 | pages=105–14, 121–31, 137–46, 153–62}}</ref> Pénsase que todos os cloroplastos derivan directa ou indirectamente dun único evento endosimbiótico (nos [[Archaeplastida]]), agás no caso de ''[[Paulinella]] chromatophora'', especie que adquiriu máis recentemente un endosimbionte fotosintético cianobacteriano, que non está moi relacionado cos cloroplastos dos outros eucariotas.<ref>{{Cita publicación periódica | título = Diversity and evolutionary history of plastids and their hosts | author = Patrick J. Keeling | url = http://www.amjbot.org/content/91/10/1481 | year = 2004 | volume = 91 | pages = 1481–1493 | doi = 10.3732/ajb.91.10.1481}}</ref>
Nas plantas os cloroplastos están rodeados por dúas membranas, as cales se pensa que se corresponden coas membranas externa e interna da primitiva cianobacteria endosimbionte.<ref>{{Cita publicación periódica |author= Joyard J Block MA, Douce R|título=Molecular aspects of plastid envelope biochemistry. |journal=Eur J Biochem. |volume=199 |pages=489–509 |year=1991 |pmid=1868841 |doi= 10.1111/j.1432-1033.1991.tb16148.x |issue= 3}}</ref> O [[xenoma do cloroplasto|xenoma dos cloroplastos]] está considerablemente reducido comparado co das cianobacterias de vida libre, pero o xenoma que conservan mostra claras similitudes co xenoma cianobacteriano. Os cloroplastos poden conter 60-100 xenes cando as cianobacterias a miúdo conteñen máis de 1500 xenes.<ref>{{Cita publicación periódica |author=Martin W, Rujan T, Richly E |título=Evolutionary analysis of Arabidopsis, cyanobacterial, and chloroplast genomes reveals plastid phylogeny and thousands of cyanobacterial genes in the nucleus |journal=Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. |volume=99 |issue=19 |pages=12246–51 |year=2002 |pmid=12218172 |pmc=129430 |doi=10.1073/pnas.182432999 |url=http://www.pnas.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=12218172 |archiveurl=https://www.webcitation.org/5uKjjsvvn?url=http://www.pnas.org/cgi/pmidlookup?view=long |archivedate=18 de novembro de 2010 |deadurl=no |apelidos= |data= |revista= |data-acceso=06 de xuño de 2011 |urlmorta=non }}</ref> Moitos dos xenes perdidos están hoxe codificados no xenoma nuclear da [[hóspede|célula hóspede]]. Debeu de haber unha transferencia de información do xenoma do cloroplasto ao nuclear, que na planta do tabaco foi estimada en un xene por cada 16000 grans de pole.<ref>{{Cita publicación periódica |author=Huang CY, Ayliffe MA, Timmis JN |título=Direct measurement of the transfer rate of chloroplast DNA into the nucleus |journal=Nature |volume=422 |issue=6927 |pages=72–6 |year=2003 |pmid=12594458 |doi=10.1038/nature01435}}</ref>
 
Nalgunhas algas (como as [[Heterokonta]] e outros [[protista]]s como os [[Euglenozoa]] e [[Cercozoa]]), os cloroplastos parece que evolucionaron por medio de [[endosimbiose]] secundaria, na cal unha célula eucariota engloba unha segunda célula eucariota que contiña xa cloroplastos, formándose así cloroplastos con tres ou catro membranas. Nalgúns casos eses endosimbiontes secundarios poden ser incorporados unha vez máis a outros eucariotas, o que é unha endosimbiose terciaria. Na alga ''[[Chlorella]]'', só hai un cloroplasto, que ten forma de campá.
 
Nalgúns grupos de protistas mixotróficos (que poden vivir fotosinteticamente ou quimiosinteticamente), como os [[dinoflaxelado]]s, os cloroplastos son separados da [[diatomea]] ou outra alga capturada e usados temporalmente. Estes cloroplastos, chamados [[cleptoplasto]]s só teñen unha vida funcional de poucos días e despois son substituídos por outros novos.<ref name=Skovgaard>{{Cita publicación periódica |author=Skovgaard A |title=Role of chloroplast retention in a marine dinoflagellate |journal=Aquatic Microbial Ecology |volume=15 |pages=293–301 |year=1998 |url=http://www.alfskovgaard.dk/publications/Skovgaard1998.pdf |doi=10.3354/ame015293 |archiveurl=https://www.webcitation.org/5uKjjzB0M?url=http://www.alfskovgaard.dk/publications/Skovgaard1998.pdf |archivedate=18 de novembro de 2010 |deadurl=no |apelidos= |data= |revista= |data-acceso=06 de xuño de 2011 |urlmorta=non }}</ref>
 
== Notas ==

Menú de navegación

Ferramentas persoais

Espazos de nomes

Variantes